Venres, 01 Xuño 2018 10:02

Festival de Clausura das Escolas Deportivas 2017-2018

Mañá sábado día 2 de xuño a partir das 18,00 horas celebrarase no Pavillón Municipal A Montesiña de Soutomaior o festival de clausura das Escolas Deportivas Municipais 2017-2018. Mais de 330 nenos e nenas reúnense este día para facer unha pequena demostración de todo aquilo que estiveron a realizar durante a tempada.

O festival de clausura iniciarase coa demostración dos compoñentes das Escolas de Iniciación ao Deporte e Multideporte, a continuación os participantes de Ximnasia Rítmica e Acrobática, Tenis e Pádel, Baloncesto,Patinaxe, Baile Moderno, etc. mostrarán as súas habilidades. Ao finalizar o acto o Alcalde, Agustín Reguera, entregará a todos os participantes unha medalla para premiar a entrega e esforzo destes deportistas durante todo o ano


Publicado en Deportes e Pavillón

Actividades de Verán 2018


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

XXIV Concentración Seat 600

10-08-2018 / Deportes e Pavillón

Este domingo día 12 de agosto, a partir das 11:00 horas, terá lugar o tradicional encontro entre afeccionados aos “pelotillas”, como se coñece popularmente ao Seat 600, no Peirao. Unha cita que alcanza este ano a súa XXIV edición e converteuse nun auténtico referente nacional para os amantes deste clásico das nosas estradas. Decenas de, o que para moitos foi o...