Luns, 14 Mai 2018 10:09

Ascenso do C.D. Arcade

O C.D. Arcade que militaba na 2ª Galicia conseguiu onte un desexado ascenso á 1ª autonómica logrado despois de realizar unha tempada con moitos altibaixos e un final de liga irregular que no día de onte podo rectificar.

O U. Sampayo – C.D. Arcade na última xornada de onte era clave para que un dos dous conseguise o ascenso xa que unha xornada antes o Atletico Cuntis proclamouse campión e xa lle pertencía unha das dúas prazas de ascenso en xogo.

Nun emocionante partido o C.D. Arcade venceu ao U. Sampayo por 1 a 2 e con iso a igualdade a puntos na clasificación pero o ansiado ascenso foi para o Arcade polo mellor golaveraxe entre eles.

O C.D. Arcade disputou nesta liga 34 partidos con 20 vitorias, 5 emaptes e 9 derrotas con 76 goles a favor e 38 goles en contra.

O seu máximo goleador Adrian Buján conseguiu materializar 21 goles en 33 partidos.

 Parabén a todo o equipo que dirixe o seu adestrador Juan Amoedo e á entidade xa que na próxima campaña militará nunha categoría que nunca debeu de abandonar.


Publicado en Deportes e Pavillón


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

IX Torneo de Tenis e Padel

20-06-2018 / Deportes e Pavillón

O Club Tenis e Padel Soutomaior organiza o seu IX Torneo de Tenis e Padel que se celebrará nas pistas do Pavillón da Montesiña desde o día 1 ao 8 de Xullo. En tenis as categorías son individual, dobres e + 45 anos. En pádel: Feminino(1ª-2ª iniciación e + 40) Masculino(1ª-2ª iniciación e + 45) Mixto: (única e + 45), e...