Luns, 14 Mai 2018 10:09

Ascenso do C.D. Arcade

O C.D. Arcade que militaba na 2ª Galicia conseguiu onte un desexado ascenso á 1ª autonómica logrado despois de realizar unha tempada con moitos altibaixos e un final de liga irregular que no día de onte podo rectificar.

O U. Sampayo – C.D. Arcade na última xornada de onte era clave para que un dos dous conseguise o ascenso xa que unha xornada antes o Atletico Cuntis proclamouse campión e xa lle pertencía unha das dúas prazas de ascenso en xogo.

Nun emocionante partido o C.D. Arcade venceu ao U. Sampayo por 1 a 2 e con iso a igualdade a puntos na clasificación pero o ansiado ascenso foi para o Arcade polo mellor golaveraxe entre eles.

O C.D. Arcade disputou nesta liga 34 partidos con 20 vitorias, 5 emaptes e 9 derrotas con 76 goles a favor e 38 goles en contra.

O seu máximo goleador Adrian Buján conseguiu materializar 21 goles en 33 partidos.

 Parabén a todo o equipo que dirixe o seu adestrador Juan Amoedo e á entidade xa que na próxima campaña militará nunha categoría que nunca debeu de abandonar.


Publicado en Deportes e Pavillón


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Actividades de Verán 2018 - Semana Final

20-07-2018 / Deportes e Pavillón

As actividades de verán do Concello de Soutomaior entran na 4ª e última semana. Despois dun fin de semana de acampada para os grupos D e E empezaremos a última semana cos grupos dos máis pequenos (A e B) que recibirán a visita duns personaxes d cor amarela con forma de cilindro e xeneticamente humanizados Os Minions ara o martes unha Ximcana...