Venres, 11 Mai 2018 10:05

Campus de Verán do R. C.Celta no Concello de Soutomaior

O Concello de Soutomaior acolleu onte o acto de presentación do I Campus de Verán do R. C. Celta en Soutomaior.

O xerente da Fundación Celta, German Arteta, e o coordinador do campus e adestrador Alex Abalde, acompañaron ao alcalde, Agustín Reguera, durante o acto. A iniciativa desenvolverase do 30 de xullo ao 3 de agosto.

O obxectivo desta iniciativa é a de fomentar a práctica do deporte entre a mocidade do municipio ademais de inculcar aos mozos unha cultura deportiva de primeiro nivel xa que todos os adestradores do Campus forman parte do equipo técnico das categorías inferiores do club. Ademais, “como premio, os mozos que demostren maior calidade deportiva e humana poderán adestrar coas categorías inferiores do club na Madroa e probarse co Celta”, afirmou o xerente da Fundación Celta, German Arteta.

A participación no Campus ten un custo de 115 euros para os empadroados no Concello de Soutomaior e 130 euros para os non empadroados e cada participante recibirá un equipamento completo de adestramento do R. C.Celta s.

Ademais, os que realicen a inscrición antes do 31 de maio recibirán unha segunda camiseta de agasallo.

A inscrición realizarase vía web a través da páxina web da fundación Celta. www.fundacion.rccelta.es

 

AXENDA MUNICIAPAL

campus-celta.jpg

 OBRADOIROS   Concellería de Deportes
Campus de Verán Fundación Celta
Inscricións ata: Xoves, 31. Mayo 2018  
Datas do: 30-07-2018 o: 03-08-2018
Lugar: Campo M. de Fútbol de Candán, Soutomaior
Destinatarios/as: +3 anos 

 


Publicado en Deportes e Pavillón
Descargar adjuntos:

18-inscricion-campus-fundacion-celta.pdf (14 Descargas)


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

3ª Carreira de orientación Concello de Soutomaior

21-05-2018 / Deportes e Pavillón

A orientación é unha actividade física ao aire libre que nos permite gozar da contorna, xa sexa urbano ou natural, sen perdernos. O deporte en si consiste en ir localizando uns postos de control ou balizas situadas no terreo. Para iso, dispoñemos da axuda dun mapa no que aparecen sinalados con precisión os lugares onde se atopan ditas balizas. Os controis...