Mércores, 14 Marzo 2018 09:37

Alerta naranxa por vento

A Axencia Estatal de Meteoroloxía ( AEMET) informa no boletín núm. 49/71 GALás 10:36 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso por VENTOS con refachos de ata 100 km/ h( SW) que afectará á Coruña, Lugo ( A Mariña, Centro e Montaña), Pontevedra (Rías Baixas, Miño e Interior) e Ourense (Sur, Noroeste e Montaña). Comezando nas primeiras horas do mércores día 14/03/2018 e prolongándose ata a tarde/noite do mesmo día 14.

Así mesmo menciónase como aviso amarelo por choivas, para as zonas da Coruña ( W, SW) Pontevedra (Rías Baixas) e Ourense ( S) e aviso amarelo de neve por encima do 1200 m. na Montaña de Ourense e Lugo. A teor de todo o anterior

RECOMÉNDASE: • Evitar as actividades ao exterior.

 • Evitar os desprazamentos, en todo caso, antes de coller o coche, consultar o estado das estradas.

• Lembrar que co vento o mobiliario urbano puido desprazarse e os restos de árbores e ramas que puideron caer á vía poden condicionar a circulación.

 • Non empregar vehículos lixeiros, como bicicletas ou ciclomotores.

 • Afastarse de edificios ruinosos, árbores, paneis publicitarios, estradas e obxectos que sexan susceptibles de desprazarse co vento.

 • Retirar das xanelas, dos balcóns e dos tellados calquera obxecto que poida caer á rúa.

• Lembrar que o efecto de arrastre das choivas acaecidas pode provocar o desprendemento de terra e pedras.

Debido a esta alerta laranxa por vento o Concellode Soutomaior suspende, no día de hoxe, as actividades deportivas no exterior tanto nos campos municipais de Fútbol de Candán e Salgueirón como as clases de tenis e padel das Escolas Deportivas


Publicado en Alcaldía


Alcaldía
Casa do Concello

Alerta naranxa por vento

14-03-2018 / Alcaldía

A Axencia Estatal de Meteoroloxía ( AEMET) informa no boletín núm. 49/71 GALás 10:36 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso por VENTOS con refachos de ata 100 km/ h( SW) que afectará á Coruña, Lugo ( A Mariña, Centro e Montaña), Pontevedra (Rías Baixas, Miño e Interior) e Ourense (Sur, Noroeste e Montaña). Comezando nas primeiras horas do mércores día 14/03/2018...