Mércores, 21 Febreiro 2018 14:11

Convenio de colaboración Concello / Deputación Destacado

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva,asinaron esta mañá o convenio de colaboración entre ambas institucións para a mellora do viario de acceso ao novo instituto.

A actuación, solicitada polo goberno local tras o anuncio da concesión do novo centro por parte da Xunta de Galicia , contará cun orzamento de 176.000 euros que serán financiados conxuntamente entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Soutomaior.

A colaboración entre institucións  permitiu que o novo centro público salga adiante, sumando entre todos polo interese común do proxecto e dos veciños do Concello de Soutomaior”.

A Xunta de Galicia achegou un total de 6,3 millóns de euros na construción do centro, permisos, a Deputación de Pontevedra 123.000 euros para a urbanización do acceso ao novo centro, e o Concellode Soutomaior 480.000 euros entre a adquisición dos terreos necesarios, a dotación de servizos e a urbanización do exterior do centro.


Publicado en Alcaldía


Alcaldía
Casa do Concello

Alerta naranxa por vento

14-03-2018 / Alcaldía

A Axencia Estatal de Meteoroloxía ( AEMET) informa no boletín núm. 49/71 GALás 10:36 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso por VENTOS con refachos de ata 100 km/ h( SW) que afectará á Coruña, Lugo ( A Mariña, Centro e Montaña), Pontevedra (Rías Baixas, Miño e Interior) e Ourense (Sur, Noroeste e Montaña). Comezando nas primeiras horas do mércores día 14/03/2018...