Luns, 04 Decembro 2017 13:14

Encendido da iluminación de nadal

Mañan  martes dia 5 de decembro a partir das 19 horas desde a Alameda de Talo Río procederase ao encendido da iluminación de nadal.

As luces acenderanse e o comercio entrou de cheo na campaña de Nadal. É tempo de compras e un momento clave para o sector, que brilla máis que en ningún outro momento do ano ao facer valer o seu papel como elemento dinamizador da economía local que este ano se quere impulsar desde o Concello de Soutomaior cunha campaña de apoio ao comercio local.

Mais de 50 arcos de luces así como adornos en distintos lugares do Concello (casa do Concello, Multiusos, Monumento aos cociñeiros, etc) completados con motivos do Nadal en farois e arboles son a proposta luminosa do Concello de Soutomaior para as dúas parroquias : Arcade e Soutomaior.

 Para amenizar a espera haberá unha festa infantil:  "A Bailar no Nadal". Trátase dun  espectáculo interactivo con animación musical, cancións cantadas en directo, cantaxogos, maxia, moneco xigante, explosións de confetti, panxoliñas, xogos, batalla de globos xigantes e un montón de sorpresas. 1 hora de espectáculo que rematará co encendido do alumeado de Nadal.

Os presentes, durante a festa infantil, poderanse apuntar ao sorteo que nomeará a un como o encargado de poñer en marcha a iluminación xunto co representante do Concello (máximo 10 años)


Publicado en Alcaldía


Alcaldía
Casa do Concello

Convenio de colaboración Concello / Deputación

21-02-2018 / Alcaldía

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva,asinaron esta mañá o convenio de colaboración entre ambas institucións para a mellora do viario de acceso ao novo instituto. A actuación, solicitada polo goberno local tras o anuncio da concesión do novo centro por parte da Xunta de Galicia , contará cun orzamento de 176.000 euros...