Martes, 14 Novembro 2017 09:48

Convenio con ASPAVI

Redondela, Soutomaior e Pazos de Borbén únense ao proxecto “Vilas,Pobos e Cidades para todos”

Os tres concellos da comarca uníronse para promover de forma conxunta a accesibilidade das persoas con diversidade funcional. Grazas ao convenio que os tres alcaldes asinaron hoxe coa Asociación ASPAVI, durante o próximo ano, técnicos especializados percorrerán e analizarán as distintas dependencias municipais dos concellos adscritos propoñendo melloras de accesibilidade física e cognitiva para a súa posterior implantación.

Mapas en braille das oficinas de cada concello, mostradores máis baixos para facilitar a atención de persoas con mobilidade reducida ou señalética adaptada a persoas con problemas cognitivos son algunhas das propostas iniciais desta iniciativa que xa se está levando a cabo con éxito noutros municipios da provincia.

O proxecto finalizará o segundo trimestre de 2018 coa redacción dun informe no que se avaliará a accesibilidade dos edificios municipais estudados e propoñerase unha lista de melloras concretas para cada edificio para a súa posterior implantación.


Publicado en Alcaldía


Alcaldía
Casa do Concello

Encendido da iluminación de nadal

04-12-2017 / Alcaldía

Mañan  martes dia 5 de decembro a partir das 19 horas desde a Alameda de Talo Río procederase ao encendido da iluminación de nadal. As luces acenderanse e o comercio entrou de cheo na campaña de Nadal. É tempo de compras e un momento clave para o sector, que brilla máis que en ningún outro momento do ano ao facer valer...