Venres, 06 Outubro 2017 14:03

100 anos, felicidades

María Garrido Parada, veciña Centenaria

O Concello de Soutomaior conta cunha nova centenaria entres os seus habitantes. María Garrido Parada, veciña de Arcade, celebrou esta semana os seus 100 aniversarios en compañía de familiares e amigos. O alcalde, Agustín Reguera, quixo sumarse ás felicitacións e fíxolle entrega dun ramo de flores e un recordo de parte do Concello como recordo desta grata efeméride.

María viviu toda a súa vida no barrio da Montesiña, en Soutomaior, ata que fai unhas tres décadas trasladouse a Arcade para vivir coa súa filla e o seu xenro, os encargados do seu coidado.

“O seu estado de saúde é envexable e as súas ganas de vivir son enormes”, destacou o alcalde. 


Publicado en Alcaldía


Alcaldía
Casa do Concello

Alerta naranxa por vento

14-03-2018 / Alcaldía

A Axencia Estatal de Meteoroloxía ( AEMET) informa no boletín núm. 49/71 GALás 10:36 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso por VENTOS con refachos de ata 100 km/ h( SW) que afectará á Coruña, Lugo ( A Mariña, Centro e Montaña), Pontevedra (Rías Baixas, Miño e Interior) e Ourense (Sur, Noroeste e Montaña). Comezando nas primeiras horas do mércores día 14/03/2018...