Luns, 08 Mai 2017 09:32

Convenio coa Fundación Amigos de Galicia Destacado

O Alcalde, Agustín Reguera, e o director da fundación, Jesús Busto, asinaron dous convenios cos que o Concello reforzará as súas iniciativas de emerxencia e exclusión social.

O Concello de Soutomaior e a Fundación Amigos de Galicia renovaron os convenios de colaboración entre as dúas institucións que alcanza xa o seu sétimo ano. A firma dos acordos realizouse esta pasada semana tras os bos resultados obtidos polo acordo ata o momento. Como novidade, este ano asinouse un novo convenio de colaboración que se une ao anterior e que permitirá aos beneficiarios dos Servizos Sociais de Soutomaior acceder a un novo servizo de Orientación Laboral especializado

A axuda que proporcionan os Servizos Sociais do Concello de Soutomaior grazas a estes convenios céntranse na provisión de alimentos e aveños básicos da vida cotiá. Alimentos non perecedoiros a curto prazo, como aceite, queixo, pasta ou azucre, ademais de alimentos frescos como froitas e hortalizas. Roupa nova, produtos de hixiene persoal, material escolar e xoguetes entre outros artigos. Todas estas accións levan en absoluta coordinación con Cáritas, co fin de evitar a duplicidade das axudas e permitindo unha xestión eficiente dos escasos recursos dispoñibles.

A Fundación de Amigos de Galicia, atende as necesidades básicas da vida cotiá das persoas que se atopen en situación de necesidade, derivada da carencia de recursos económicos. En especial, atende a persoas sen recursos e en grave risco de exclusión social, familias con nenos, persoas maiores ou dependentes, mulleres vítimas da violencia de xénero e drogodependentes.


Publicado en Alcaldía


Alcaldía
Casa do Concello

Convenio con ASPAVI

14-11-2017 / Alcaldía

Redondela, Soutomaior e Pazos de Borbén únense ao proxecto “Vilas,Pobos e Cidades para todos” Os tres concellos da comarca uníronse para promover de forma conxunta a accesibilidade das persoas con diversidade funcional. Grazas ao convenio que os tres alcaldes asinaron hoxe coa Asociación ASPAVI, durante o próximo ano, técnicos especializados percorrerán e analizarán as distintas dependencias municipais dos concellos adscritos propoñendo...