Venres, 05 Mai 2017 12:38

Presentación orzamentos 2017

O Goberno local do Concello de Soutomaior presentou onte os seus  orzamentos para o ano 2017. A estimación de ingresos ascende a 4,3 millóns de euros, 300.000 euros máis que o ano anterior, o que supón un crecemento do 7,5 % con respecto ao exercicio pasado. O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, definiu  estes novos orzamentos como “realistas e baseados na eficiencia na xestión. Aseguramos o mantemento de todos os servizos, melloramos as máis importantes e todo iso mentres mantemos a política de Débeda 0 e a conxelación de taxas municipais por quinto ano consecutivo”.

A previsión para este ano contempla un aumento xeneralizado en case todas as partidas, destacando especialmente as dedicadas á promoción de actividades culturais e de mocidade, que ascenden un 30 e un 45% respectivamente. As áreas de Educación, Igualdade, Servizos Sociais verán como a súa asignación aumenta este ano,o que repercutirá nunha mellora directa ao servizo aos veciños,

O aumento de horas de atención en servizos como o Centro de Información á Muller de Arcade, un servizo que realiza un labor impagable axudando e apoiando a mulleres de case toda a comarca.

O total destinado para investimentos este ano fíxase en 605.000 euros, dos cales 235.000 destinaranse a mellorar a rede de saneamento municipal e á mellora e conservación de diversas estradas e vías do municipio. Neste sentido destacan os investimentos nos barrios de Aranza, Comboa e Sameán, nos que se pavimentarán as principais vías, e o da Montesiña, onde se ampliará a rede de saneamento,

Do mesmo xeito hai partidas que baixan debido ás melloras realizadas ata agora, como  á previsión do gasto eléctrico municipal, Grazas á nova iluminación LED que se instalou, este ano está previsto aforrar máis de 14.000 euros en electricidade, e iso contando que a luz suba polo que esperamos que o aforro final sexa moito maior .Llevaránse  a cabo melloras  durante os próximos meses na rede de iluminación pública nas rúas Xosé Solla e a Estrada de Soutomaior.

A área deportiva municipal tamén verá aumentar o seu orzamento para este ano para continuar cos investimentos en diversos centros municipais. Se xa o ano pasado o goberno local destinou máis de 60.000 euros a mellorar o campo de fútbol de Candán, este ano será a quenda doutros centros deportivos municipais,com o campo de Salgueirón,así como o Pavillón Municipal.

Ademais, construirase unha nova pista de padel no pavillón da Montesiña. Unha mellora que permitirá que o club local axústese á normativa da federación galega, que esixe ter tres pistas dispoñibles, e poida disputar os seus partidos en Soutomaior, sen ter que desprazarse. A nova pista construirase principalmente con medios municipais, o que rebaixará o seu custo ata os 15.000 euros.

As previsións de gasto para estimular a actividade comercial no municipio tamén crecen este ano, principalmente ao investimento previsto para a campaña de iluminación do Nadal, ao que hai que sumar que un ano máis, os hostaleiros do Concello de Soutomaior, non pagarán nin un euro polas súas terrazas.

Ademais, mantéñense as axudas ao transporte e material escolar, a contribución ao transporte metropolitano e as partidas destinadas á construción de parques infantís en diversos puntos do municipio.

Por último, o plan municipal para a recuperación do patrimonio ten asignado para este ano un orzamento de 150.000 euros que se investirán na restauración dos lavadoiros de Moreira, A Montesiña, Lourido e A Lavandeira, en Arcade. Tamén se continuará co plan de concienciación sobre a reciclaxe coa distribución de máis composteiros individuais entre os veciños. En total distribuiranse 50 composteiros  que se suman aos máis de 100 entregados ata agora.


Publicado en Alcaldía
Visto 646 veces