Xoves, 22 Outubro 2015 12:52

5 Millóns de Euros para o Instituto de Arcade

A XUNTA DESTINA 5 MILLÓNS DE EUROS PARA A CONSTRUCIÓN DO INSTITUTO DE ARCADE

A primeira partida, de 1,5 millóns, permitirá o comezo das obras o próximo ano.

O maior proxecto da Xunta de Galicia no Concello de Soutomaior, o Instituto de Arcade, segue a súa marcha. Así o confirmou o goberno autonómico coa inclusión dunha partida de máis de 5 millóns de euros nos seus orzamentos xerais.

En total contémplase un investimento de 5.008.662 euros, á que haberá que sumar os investimentos realizados por outros organismos, como o propio Concello, para afrontar a urbanización da contorna no que se situará o novo instituto público.

O calendario plurianual fixado para a construción do centro escolar establece unha división do financiamento en tres partidas. A primeira delas, de 1,541.670 euros, chegará en 2016 para afrontar o inicio das obras e as primeiras licitacións. O groso do financiamento chegará en 2017, ano no que segundo o calendario previsto hase de construír a maior parte do instituto, e achegará 2,5 millóns de euros. Por último, para o ano 2018, o calendario establece un investimento de 966.992 euros para finalizar a obra, alcanzando así a suma total de 5.008.662 euros.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, mostrouse moi satisfeito pola inclusión dos fondos necesarios para a construción do instituto nos orzamentos da Xunta de Galicia. “Con isto demóstrase o que viñemos dicindo desde hai tempo, que o instituto chegará e que contamos co apoio da Xunta para facelo posible tal e como pedimos, con secundaria e bacharelato”, afirmou o rexedor local, que valorou esta gran aposta do goberno galego nos orzamentos autonómicos como unha demostración do compromiso adquirido co Concello de Soutomaior.


Publicado en Alcaldía


Alcaldía
Casa do Concello

Manifestación contra o trasvase do río Verdugo

20-12-2017 / Alcaldía

O Concello de Soutomaior, a través dos tres grupos políticos, acordou convocar unha manifestación o vindeiro sábado día 23 a partir das 11,00 horas con saída desde o Peirao de Arcade baixo o lema” Soutomaior contra o trasvase do Verdugo. En defensa dos bancos marisqueiros” Tamén se acordou que sexa a Patroa Maior da Confraría de Arcade quen lea o manifesto...