Mércores, 07 Marzo 2018 10:48

Aberto o prazo de inscrición: depoaventura e campamentos polideportivos.

O Concello de Soutomaior informa que a Deputación de Pontevedra xa publicou as bases para participar no programa DEPOAVENTURA e no programa CAMPAMENTOS POLIDEPORTIVOS. Para recibir información e para poder inscribirse as persoas interesadas poden facelo a través da OMIX do Concello.

DEPOAVENTURA. CAMPAMENTOS NA LANZADA 2018 DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

O prazo de solicitude será do 08 ao 27 de marzo de 2018, ambas as datas incluídas

Este programa lúdico e educativo inclúe a programación e o desenvolvemento de actividades ao aire libre relacionadas coa natureza, a lingua inglesa, a arte, a cultura, o deporte e os xogos, co fin de colaborar na formación da nosa mocidade.

Ter nacido entre 2005 e 2010 (ambos incluídos). Estar empadroadas ou empadroados na provincia de Pontevedra.

O custe do campamento estímase en 200 euros pero as familias pagarán arredor de 100€/praza ou menos dependendo das circunstancias específicas.

Os campamentos terán lugar entre o 24 de xuño e o 8 de setembro de 2018. Realizaranse 11 quendas, de 7 días de duración cada unha.

 

Campamentos Polideportivos. Deputación de Pontevedra

O prazo de inscrición rematará o 23 de marzo de 2018.

Obxectivo promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social das nenas e nenos da provincia; programa de campamentos polideportivos desenvolvidos en Príncipe Felipe.

Este programa ofrece a posibilidade de que 300 nenas e nenos gocen do seu tempo libre no verán, participando en actividades de carácter lúdico e deportivo que contribúan ao seu enriquecemento persoal. O prezo é de 125€/praza pero haberá descontos para familias numerosas.

Están destinados a nenas e nenos nacidos entre o ano 2004 e o 2011, ambos os dous incluídos, que teñan o seu domicilio habitual en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra.

Quendas

  • Primeira quenda: do 9 ao 14 de xullo
  • Segunda quenda: do 16 ao 21 de xullo
  • Terceira quenda: do 23 ao 28 de xullo
  • Cuarta quenda: do 6 ao 11 de agosto
  • Quinta quenda: do 13 ao 18 de agosto
  • Sexta quenda: do 20 ao 25 de agosto

 

Máis información e inscricións na OMIX, Tel 986700822

 


Publicado en Xuventude


Concellería de Xuventude
OMIX

Domingo 15 de xullo: imos informar e concienciar

13-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva dúas accións voluntarias. Este domingo 15 de xullo de 17 a 20 h terá lugar na Ponte Colgante de Soutomaior a segunda parte da acción voluntaria: imos informar e concienciar...

Obradoiro de ecopercusión para o verán: música e reciclaxe.

03-07-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior convoca un obradoiro de ecopercusión dirixido á mocidade para iniciarse no mundo da percusión partindo de elementos de reciclaxe que se convertirán en instrumentos musicais. Con este obradoiro os rapaces experiementarán con elementos como bidóns, caldeiros de pintura, botellas ou latas de conserva co fin de...

Aprazado o festival de cultura urbana do domingo 1 de xullo

29-06-2018 / Xuventude

AVISO IMPORTANTE: FESTIVAL APRAZADO PARA SETEMBRO O Concello de Soutomaior comunica que o festival de cultura urbana que se ía realizar este domingo 1 de xullo e todas as actividades programadas quedan  aprazadas por motivos metereolóxicos. A nova data será no mes de setembro e comunicarase en breve.

Aquagym na praia da Muxeira, Peirao Arcade

28-06-2018 / Xuventude

O martes  3 de xullo comeza a actividade de aquagym  en horario de 18 a 19 h. O Concello de Soutomaior programa esta actividade para o mes de xullo co fin de promover hábitos saudables  na época estival. Combinando descanso e algo de actividade física na auga e dun xeito...

Inscricións no Concurso de karaoke ata o luns 2 de xullo

28-06-2018 / Xuventude

O prazo de inscrición para participar no Concurso de Karaoke estará aberto ata o luns 2 de xullo ás 14 h na OMIX. Tamén se poderán realizar as inscricións EN LIÑA na web gabientesoutomaior.com no enlace directo: web http://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina/eventodetalle/1594/vii-concurso-de-karaoke O Concurso realizarase o sábado 7 de xullo no Multiusos en Arcade. As...

Concurso de Karaoke 2018. Prazo de inscricións aberto ata 28 de xuño

18-06-2018 / Xuventude

Ábrese o prazo de inscrición para participar no Concurso de Karaoke 2018 que se celebrará o sábado 7 de xullo ás 22.30 h no Multiusos en Arcade.As persoas interesadas poden anotarse na OMIX ou en LIÑA  Poderase participar a partir dos 5 anos en diante en categoría individual ou grupal.   INSCRICIÓN EN...

Domingo 1 de xullo. Cultura Urbana e Arcade JAM 2018

13-06-2018 / Festival de Cultura Urbana

Ábrese o prazo para inscribirse nas actividades do Festival de Ciultura Urbana que organiza o Concello de Soutomaior. Nesta edición contamos cun programa variado de actividades que abarcan desde o campionato de BMX e Scooter ata obradoiros de parkour, graffiti e personalización de gorrar trucker. Todas estas actividades desenvolveránse durante...

2º acción voluntaria! Imos informar e concienciar

13-06-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar a segunda acción voluntaria do programa de educación medio ambiental SI QUERO, COLABORAR. Nesta ocasión a acción terá dúas sesións, unha primeria que se realizará o martes 26 de xuño na Carballeira de Arcade durante ca cal se prepararán...

Programa Xuvenil para os meses de verán

07-06-2018 / Xuventude

Convócanse novas actividades para os meses de verán para a poboación xuvenil do municipio. O Concello de Soutomaior promove un programa no que se inclúen actividades de formación e de lecer co fin de ofrecer unha oferta variada que chegue a diferentes públicos. Ademais de actividades xa coñecidas como a...

X Festival Danzarte 2018. Venres 1 de xuño no Multiusos

29-05-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior clausura as escolas municipais artísticas este venres 1 de xuño ás 21.30 h no Multiusos co Festival Danzarte que este ano cumpre 10 anos. Con este festival péchase o curso da maioría das activades organizadas pola Concellería de Xuventude durante o curso pero tamén se visibiliza...

2 de xuño: Hoxe imos limpar. Voluntariado e educación medioambiental

22-05-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

Si quero, colaborar é unha iniciativa do Concello de Soutomaior que promove o voluntariado en diferentes áreas de intervención. Encadrada dentro do Plan Municipal de Voluntariado nesta ocasión este programa ten como finalidade sensibilizar , educar e promover condutas máis responsables co medio ambiente e a natureza. O programa consta...

Letras galegas 2018. Premios do concurso Verbas para comunicar

16-05-2018 / Verbas para... comunicar

O Alcalde, Agustin Reguera e a Concelleira de Xuventude Noelia Ocampo entregaron este  martes 15 de maio os premios do Concurso Verbas para Comunicar. Este  concurso  organízase co fin de promover o uso da lingua galega entre a mocidade e vai dirixido a mozos e mozas de 12 a 20 anos...

O 4 de maio pechamos o prazo para participar no Concurso "Verbas para comunicar". Letras Galegas 2018

02-05-2018 / Verbas para... comunicar

Este venres 4 de maio remata o prazo para presentar os traballos para o XI Concurso Verbas para comunicar. Este concurso nace co fin de promover o uso da lingua galega entre a mocidade para que a os mozos e mozas a usen  tanto en contextos formais como informais, para...

Programa Xuvenil para os meses de verán

Xov 07-Xun-2018 / Xuventude

Convócanse novas actividades para os meses de verán para a poboación xuvenil do municipio. O Concello de Soutomaior promove un programa no que se inclúen actividades de formación e de lecer co fin de ofrecer unha oferta variada que chegue a diferentes públicos. Ademais de actividades xa coñecidas como a de aquagym, encontro da mocidade en San Simón, ou o...

LEER MÁIS

San Simón, unha illa con moita historia

Encontro da mocidade en San Simón: Vinte mil leguas de viaxe submarino, 2018

Mar 20-Mar-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior publica as bases para participar no Encontro da mocidade que se realizarán en San Simón desde o 20 a 23 de agosto de 2018.  Con este programa o Concello fai unha proposta de participación facilitadora de espazos de encontro e interacción dirixida á mocidade do municipio  para que participe en contextos informais e espazos naturais co fin...

LEER MÁIS