Venres, 03 Novembro 2017 09:38

Cambio de data Samain 2017

Por causa da previsión de choiva a Festa de Samain pásase para o domingo 5 de novembro

As actividades comezarán  a partir das 17.00 h.

O Concello de Soutomaior festexa o samaín cun programa cargado de actividades dirixidas a todas as idades pero especialmente, dirixidas á mocidade. Haberá obradoiros de pócemas e beberaxes, maquillaxe, tunel do terror e moita troula e música da cal que encargará o grupo de animación Troula cun espectáculo que non vai deixar a ninguén indiferente porque estará protragonizado por todo tipo de creaturas do máis aló que farán desta noite de samaín unha noite de medo pero tamén de diversión.

PROGRMA 2017

Data: Domingo 5 novembro (antes 4 de novembro)
Lugar: Alameda de Talo Río (Arcade)

·         17.00 a 18.00             Obradoiro de pócemas e beberaxes

·         17.00 a 19.30             Maquillaxe de medo

·         17.30 a 19.30             Pasadizo do terror                                   

·         19.30 a 20.45             Animación de rúa a cargo de TROULA: zancudos tragalumes, demos, meigas, malabaristas, música e percusionistas.PERSOAXES DA ESCURIDADE

·         A partir das 18.30      Tren asador de CASTAÑAS -  DEGUSTACIÓN DE BALDE!

Durante toda a tarde STAND informativo e de sensibilizado sobre lecer alternativo e saudable " A QUE XOGAS" (Xunta de Galicia)

Todas as actividades son de balde e non cómpre anotarse previamente!


Publicado en Xuventude


Concellería de Xuventude
OMIX

Excursión a PERLIM: Parque temático de Nadal

16-11-2017 / Xuventude

O Concello de Soutomaior dentro da programación deseñada para este Nadal 2017 organiza para o xoves 28 de decembro unha excursión para visitar o maior parque temático de Nadal situado en Santa Maria da Feira (Portugal). PERLIM é un lugar para soñar e imaxinar, onde os seus habitantes teñen características únicas e máxicas nun espazo que ten un século de existencia...

Obradoiro de Risos en Familia

09-11-2017 / Xuventude

O Concello de Soutomaior organiza un obradoiro de RISOS EN FAMILIA enmarcado dentro do programa Tecendo Lazos da Deputación de Pontevedra. Vai dirixido a persoas en idades comprendidas entre os 10 e os 99 anos ás que lle apeteza pasar un rato entretido e aprender a rir en familia. O riso permite enfrontarse aos obstáculos diarios...

XVI Concurso de postais de Nadal. Aberto o prazo

06-11-2017 / Xuventude

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar no XVI Concurso de Postais de Nadal ata o 18 de decembro ás 20.30 h na OMIX. Vai dirixido a todas as idades a partir dos 2 anos. A temática do concurso será o Nadal, cunha interpretación libre sobre o...

Cambio de data Samain 2017

03-11-2017 / Xuventude

Por causa da previsión de choiva a Festa de Samain pásase para o domingo 5 de novembro As actividades comezarán  a partir das 17.00 h. O Concello de Soutomaior festexa o samaín cun programa cargado de actividades dirixidas a todas as idades pero especialmente, dirixidas á mocidade. Haberá obradoiros de pócemas e...

Festa de Samaín 2017

23-10-2017 / Xuventude

POR CAUSA DA CHOIVA A FESTA DE SAMAIN PÁSASE PARA O DOMINGO 5 DE NOVEMBRO  As actividades comezarán  a partir das 17.00 h o Concello de Soutomaior festexa o samaín cun programa cargado de actividades dirixidas a todas as idades pero especialmente, dirixidas á mocidade. Haberá obradoiros de pócemas e beberaxes...

Cumplíuse o programa "Deseñando o teu futuro"

23-10-2017 / Deseñando o teu futuro

Un ano máis o Concello de Soutomaior e a Xunta de Galicia convocan no Concello de Soutomaior o proxecto DESEÑANDO O TEU FUTURO dirixido a mozos e mozas de idades comprendidas entre os 14 e 18 anos. Trátase dun programa de aproximación da mocidade galega ao ámbito sociolaboral mediante o...

O magazine que te fai falar en inglés

Atrévete co inglés! participa en SOUTONEWS

Mer 25-Out-2017 / SoutoNews Magazine

O Concello de Soutomaior pon en marcha Soutonews, Magazine Xuvenil. Trátase dun programa de inmersión lingüística en inglés no que os/as participantes elaborarán o seu propio magazine xuvenil, encargándose de crear diferentes seccións: cultura, economía, deportes, sociedade, sucesos,…  O que se pretende é mellorar as competencias lingüísticas dos mozos e mozas, que  perdan a vergoña a falar en inglés e...

LEER MÁIS

  Quedada para... ver unha peli

Nerve, un xogo sin regras

Día: Xoves, 28. Decembro 2017
Horario: 19:30 - 21:00
Destinatarios: + 16 anos
En: Multiusos de Arcade

Sinopse: cando Vee comeza a concursar en Nerve, un xogo anónimo de retos que se retransmite en liña, descobre que o xogo sabe cousas dela. Téntaa cos premios que máis desexa e consigue ser a moza de Ian, o seu mozo ideal. Ao principio todo é xenial: os fans de Vee e Ian anímanos mentres eles superan retos máis e máis arriscados. Pero todo da un xiro inesperado cando o que comezan a xogarse é a súa propia vida. Ata onde será Vee capaz de chegar?