Luns, 02 Outubro 2017 21:06

Haberá exposicións de xoguetes en audiovisual

Obradoiro de xoguetes creativos con materiais de refugallo

O Concello de Soutomaior organiza un obradoiro de Xoguetes Creativos con materiais de refugallo enmarcado dentro do programa Tecendo Lazos da Deputación de Pontevedra.

Vai dirixido a persoas en idades comprendidas entre os 10 e os 99 anos ás que lle apeteza pasar un rato entretido e aprender a elaborar xoguetes divertidos. 

Xeral: Aprendemos a valorar o xogo tradicional como elemento transmisor de cultura e de creación de encontros interxeracionais entre infancia, adolescentes e adultos, fomentando a capacidade creadora a través de actividades lúdicas que os conduzan á creación, produción e fabricación de xogos e xoguetes con material de refugallo. Haberá exposicións de xoguetes en audiovisual.

A duración é de 16 h que se repartirán en sesións de 2 h un día á semana. As clases comezarán na semana do 26 de outubro e rematarán na semana do 16 de decembro. As prazas son limitadas e de balde. As persoas interesadas poderán anotarse na OMIX, tel 986 700 822 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.  

A inscrición estará aberta ata o 17 de outubro. Consultar horarios e días na OMIX.

 


Publicado en Xuventude
Descargar adjuntos:

17-Solicitude-Tecendo-Lazos-231-066.pdf (46 Descargas)

Información adicional



Concellería de Xuventude
OMIX

Participa na comparsa municipal de Entroido

19-01-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior abre o prazo para participar na comparsa municipal de entroido e desfilar co resto de comparsas anotadas que se realizará o domingo 18 de febreiro de 2018. Un ano máis co fin de promover a participación da xente nova e do resto de veciños e veciñas Xuventude convoca un obradoiro de elaboración da comparsa durante o cal...

Iniciamos 2018 con novas actividades

12-01-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior convoca novas actividades programadas desde a Concellería de Xuventude dirixidas ao público xuvenil fundamentalmente pero abertas a todas as idades. Nestre primeiro trimestre do ano despegamos con actividades de formación dirixidas á formación para o emprego e á adquisición de competencias de utilidade para a vida diaria...

Prepárate para obter a ESO

09-01-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior convoca unha nova edición do curso preparatorio para a obtención da ESO. O prazo xa está aberto desde fai uns meses e quedan as  últimas prazas vacantes para participar neste curso. Esta actividade vai dirixida a persoas maiores de 18 anos que non tendo a titulación...

Este xoves 28 de decembro, cine no Multiusos: NERVE

26-12-2017 / Xuventude

Este xoves 28 de decembro o Concello de Soutomaior porxectará a película "Nerve, un xogo sin regras" en horario de 19:30 - 21:00 no Multiusos (Arcade). A película vai dirixida a público xuvenil  e trata sobre unha moza que comeza a concursar nun xogo en liña que deixará de ser divertido cando...

Entrega premios Concurso Postais 2017

18-12-2017 / Xuventude

O venres 22 de decembro ás 19.00 h no Multiusos en Arcade, o Concello de Soutomaior entregará os premios do XVI Concurso de Postais de Nadal. Despois de finalizar coa entrega de premios e agasallos a todos e todas as persoas que participan na edición deste ano haberá unha actuación...

Excursión a PERLIM: Parque temático de Nadal

16-11-2017 / Xuventude

O Concello de Soutomaior dentro da programación deseñada para este Nadal 2017 organiza para o xoves 28 de decembro unha excursión para visitar o maior parque temático de Nadal situado en Santa Maria da Feira (Portugal). PERLIM é un lugar para soñar e imaxinar, onde os seus habitantes teñen características únicas...

O magazine que te fai falar en inglés

Atrévete co inglés! participa en SOUTONEWS

Mer 25-Out-2017 / SoutoNews Magazine

O Concello de Soutomaior pon en marcha Soutonews, Magazine Xuvenil. Trátase dun programa de inmersión lingüística en inglés no que os/as participantes elaborarán o seu propio magazine xuvenil, encargándose de crear diferentes seccións: cultura, economía, deportes, sociedade, sucesos,…  O que se pretende é mellorar as competencias lingüísticas dos mozos e mozas, que  perdan a vergoña a falar en inglés e...

LEER MÁIS

A programación trimestral

Participa na comparsa municipal de Entroido

Ven 19-Xan-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior abre o prazo para participar na comparsa municipal de entroido e desfilar co resto de comparsas anotadas que se realizará o domingo 18 de febreiro de 2018. Un ano máis co fin de promover a participación da xente nova e do resto de veciños e veciñas Xuventude convoca un obradoiro de elaboración da comparsa durante o cal...

LEER MÁIS

Iniciamos 2018 con novas actividades

Ven 12-Xan-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior convoca novas actividades programadas desde a Concellería de Xuventude dirixidas ao público xuvenil fundamentalmente pero abertas a todas as idades. Nestre primeiro trimestre do ano despegamos con actividades de formación dirixidas á formación para o emprego e á adquisición de competencias de utilidade para a vida diaria facilmente transferibles aos diferentes ámbitos: persoal, social e laboral. Para...

LEER MÁIS