Xoves, 21 Setembro 2017 18:30

Útimas prazas

Curso de monitor/a actividades extraescolares

Reserva a túa praza no curso de monitor/a de actividades extraescolares. Este curso organizado polo Concello de Soutomaior en colaboración coa Xunta de Galicia ten como obxectivo formar a mozos e mozas de 16 a 35 anos para a realización de actividades con nenos e nenas fóra do horario lectivo.  Durante o curso aprenderemos cal é o papel deste profesionais, como se dinamiza un grupo, que tipo de actividades se poden organizar para as distintas etapas educativas, conceptps básicos sobre pedagoxía, etc. Ademais da formación teórica de 20 h o curso tamén consta de 20 h de prácticas en empresas con bolsa de emprego para fortalecer o aprendido.

Os horarios do curso son de tarde e iniciarase o martes 26 de setembro. O curso é de balde. Si estás interesado/a achégate á OMIX e infórmate de como inscribirte.

OMIX, 986700822

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 


Publicado en Xuventude
Descargar adjuntos:

17-inscricion-monitor-actividades-extraescolares_1.pdf (188 Descargas)

Información adicional



Concellería de Xuventude
OMIX

Letras galegas 2018. Premios do concurso Verbas para comunicar

16-05-2018 / Xuventude

O Alcalde, Agustin Reguera e a Concelleira de Xuventude Noelia Ocampo entregaron este  martes 15 de maio os premios do Concurso Verbas para Comunicar. Este  concurso  organízase co fin de promover o uso da lingua galega entre a mocidade e vai dirixido a mozos e mozas de 12 a 20 anos empadroados/as no Concello de Soutomaior. O Concurso ten unha modalidade...

O 4 de maio pechamos o prazo para participar no Concurso "Verbas para comunicar". Letras Galegas 2018

02-05-2018 / Xuventude

Este venres 4 de maio remata o prazo para presentar os traballos para o XI Concurso Verbas para comunicar. Este concurso nace co fin de promover o uso da lingua galega entre a mocidade para que a os mozos e mozas a usen  tanto en contextos formais como informais, para...

Xa está aberta a inscrición en liña para o roteiro de Ons e Sálvora e outras actividades

25-04-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición nos próximos roteiros. O primeiro roteiro será "Polas sendas da pesca" que se realizará o domingo 6 de maio. O seguinte roteiro será o domingo 10 de xuño " Illas de Sálvora e ONS".  Para calquera destes roteiros o Concello ten habilitadas...

Participa na 1ª acción voluntaria medio ambiental "Hoxe imos limpar"

17-04-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior pon en marcha un novo  programa de educación e sensibilización medio ambiental no que se implican varios departamentos: Educación, Medio ambiente e Voluntariado. Dentro do Plan Municipal de Voluntariado nacen as iniciativas SI QUERO, COLABORAR co fin de promover a participación dos veciños e das veciñas...

Novos cursos e actividades

03-04-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para novos cursos de formación cun enfoque teórico práctico que permita ás persoas a través dunha breve estadía de prácticas, realizadas ao rematar a parte teórica do curso, poder ter un contacto directo coa formación adquirida para desempeñar o posto de...

Encontro da mocidade en San Simón: Vinte mil leguas de viaxe submarino, 2018

20-03-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior publica as bases para participar no Encontro da mocidade que se realizarán en San Simón desde o 20 a 23 de agosto de 2018.  Con este programa o Concello fai unha proposta de participación facilitadora de espazos de encontro e interacción dirixida á mocidade do municipio  para...

Aberto o prazo de inscrición: depoaventura e campamentos polideportivos.

07-03-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior informa que a Deputación de Pontevedra xa publicou as bases para participar no programa DEPOAVENTURA e no programa CAMPAMENTOS POLIDEPORTIVOS. Para recibir información e para poder inscribirse as persoas interesadas poden facelo a través da OMIX do Concello. DEPOAVENTURA. CAMPAMENTOS NA LANZADA 2018 DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA O prazo...

Concurso en lingua galega Verbas para comunicar 2018

28-02-2018 / Verbas para... comunicar

Achégase o día da conmemoración da lingua galega e o Concello de Soutomaior abre o prazo para participar no XI Concurso Verbas para comunicar. Este concurso nace co fin de promover o uso da lingua galega entre a mocidade para que a os mozos e mozas a usen  tanto en...

Curso oficial de monitor/a de tempo libre

01-02-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior convoca un curso oficial de MONITOR/A DE TEMPO LIBRE (350 H) Durante o curso o alumnado cursará os contidos básicos recollidos no Decreto 50/2000 do curso oficial de monitores/as de tempo libre de Xunta. Inclúe saídas, visitas, actividades culturais, practicas durante a formación, etc. O curso consta de 200...

Participa na comparsa municipal de Entroido

19-01-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior abre o prazo para participar na comparsa municipal de entroido e desfilar co resto de comparsas anotadas que se realizará o domingo 18 de febreiro de 2018. Un ano máis co fin de promover a participación da xente nova e do resto de veciños e veciñas Xuventude...

Iniciamos 2018 con novas actividades

12-01-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior convoca novas actividades programadas desde a Concellería de Xuventude dirixidas ao público xuvenil fundamentalmente pero abertas a todas as idades. Nestre primeiro trimestre do ano despegamos con actividades de formación dirixidas á formación para o emprego e á adquisición de competencias de utilidade para a vida diaria...

Prepárate para obter a ESO

09-01-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior convoca unha nova edición do curso preparatorio para a obtención da ESO. O prazo xa está aberto desde fai uns meses e quedan as  últimas prazas vacantes para participar neste curso. Esta actividade vai dirixida a persoas maiores de 18 anos que non tendo a titulación...

Este xoves 28 de decembro, cine no Multiusos: NERVE

26-12-2017 / Xuventude

Este xoves 28 de decembro o Concello de Soutomaior porxectará a película "Nerve, un xogo sin regras" en horario de 19:30 - 21:00 no Multiusos (Arcade). A película vai dirixida a público xuvenil  e trata sobre unha moza que comeza a concursar nun xogo en liña que deixará de ser divertido cando...

San Simón, unha illa con moita historia

Encontro da mocidade en San Simón: Vinte mil leguas de viaxe submarino, 2018

Mar 20-Mar-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior publica as bases para participar no Encontro da mocidade que se realizarán en San Simón desde o 20 a 23 de agosto de 2018.  Con este programa o Concello fai unha proposta de participación facilitadora de espazos de encontro e interacción dirixida á mocidade do municipio  para que participe en contextos informais e espazos naturais co fin...

LEER MÁIS