Martes, 29 Mai 2018 16:08

X Festival Danzarte 2018. Venres 1 de xuño no Multiusos

O Concello de Soutomaior clausura as escolas municipais artísticas este venres 1 de xuño ás 21.30 h no Multiusos co Festival Danzarte que este ano cumpre 10 anos. Con este festival péchase o curso da maioría das activades organizadas pola Concellería de Xuventude durante o curso pero tamén se visibiliza o traballo que o alumnado realiza durante todo o ano. Participan no festival os grupos da Escola Municipal de Debuxo e Pintura, os grupos de guitarra española que compoñen os seus propios temas, os grupos de bailes datinos e danza de ventre. Ademais, tamén haberá grupos convidados como o grupo de Ecopercusión do CPI M.Padin Truiteiro, os grupos de Bailes da Asociación Miúdos, os grupos de bailes do Ximnasio Clube Arcade e os grupos de baile do clube Salsarrica - Artmadance. Queremos que o festival tamén sexa un punto de encontro para a mocidade do municipio. E, este ano por tratarse dun ano especial contaremos cunha exhibición de Hip Hop da Asociación Galirokers que trae un espectáculo que conta cun gran recoñecemento a nivel internacional e tamén o grupo municipal de danza do ventre que presentará unha coreografía moi especial porque recibiu un premio especial de pase a gala Festival Vigo Porté, 2018.

Este venres tamén se inaugura a exposición "Os nosos/artistas" con obras realizadas polo alumnado da escola municipal de debuxo e pintura e que estará aberta ao público ata o 15 de xuño no Multiusos, Arcade.

 

AXENDA MUNICIPAL

danzarte.jpg

 EVENTOS   Concellería de Xuventude
X Festival de Danzarte
Día: Venres, 1. Junio 2018 / Horario: 21:30 -  
Lugar da actividade: Multiusos de Arcade
Destinatarios/as: Todo público 

 


Publicado en Xuventude

Image

Un malvado trol que habita nas
beiras do rio Verduxo tenvos
atrapados/as nun tempo que
non é o voso …

Atréveste co reto?

Xogo de escapismo en vivo nun entorno natural ao aire libre no que se mesturen contidos sobre a historia do municipio coa promoción de actitudes saudables e valores de respecto e conservación do medio natural.


Concellería de Xuventude
OMIX

Concurso de Karaoke 2018. Prazo de inscricións aberto ata 28 de xuño

18-06-2018 / Xuventude

Ábrese o prazo de inscrición para participar no Concurso de Karaoke 2018 que se celebrará o sábado 7 de xullo ás 22.30 h no Multiusos en Arcade.As persoas interesadas poden anotarse na OMIX ou en LIÑA  Poderase participar a partir dos 5 anos en diante en categoría individual ou grupal.   INSCRICIÓN EN LIÑA  CONCURSOS   Concellería de Xuventude VII Concurso de Karaoke Inscricións ata: Xoves, 28. Junio 2018   Data...

Domingo 1 de xullo. Cultura Urbana e Arcade JAM 2018

13-06-2018 / Festival de Cultura Urbana

Ábrese o prazo para inscribirse nas actividades do Festival de Ciultura Urbana que organiza o Concello de Soutomaior. Nesta edición contamos cun programa variado de actividades que abarcan desde o campionato de BMX e Scooter ata obradoiros de parkour, graffiti e personalización de gorrar trucker. Todas estas actividades desenvolveránse durante...

2º acción voluntaria! Imos informar e concienciar

13-06-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar a segunda acción voluntaria do programa de educación medio ambiental SI QUERO, COLABORAR. Nesta ocasión a acción terá dúas sesións, unha primeria que se realizará o martes 26 de xuño na Carballeira de Arcade durante ca cal se prepararán...

Programa Xuvenil para os meses de verán

07-06-2018 / Xuventude

Convócanse novas actividades para os meses de verán para a poboación xuvenil do municipio. O Concello de Soutomaior promove un programa no que se inclúen actividades de formación e de lecer co fin de ofrecer unha oferta variada que chegue a diferentes públicos. Ademais de actividades xa coñecidas como a...

X Festival Danzarte 2018. Venres 1 de xuño no Multiusos

29-05-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior clausura as escolas municipais artísticas este venres 1 de xuño ás 21.30 h no Multiusos co Festival Danzarte que este ano cumpre 10 anos. Con este festival péchase o curso da maioría das activades organizadas pola Concellería de Xuventude durante o curso pero tamén se visibiliza...

Letras galegas 2018. Premios do concurso Verbas para comunicar

16-05-2018 / Verbas para... comunicar

O Alcalde, Agustin Reguera e a Concelleira de Xuventude Noelia Ocampo entregaron este  martes 15 de maio os premios do Concurso Verbas para Comunicar. Este  concurso  organízase co fin de promover o uso da lingua galega entre a mocidade e vai dirixido a mozos e mozas de 12 a 20 anos...

O 4 de maio pechamos o prazo para participar no Concurso "Verbas para comunicar". Letras Galegas 2018

02-05-2018 / Verbas para... comunicar

Este venres 4 de maio remata o prazo para presentar os traballos para o XI Concurso Verbas para comunicar. Este concurso nace co fin de promover o uso da lingua galega entre a mocidade para que a os mozos e mozas a usen  tanto en contextos formais como informais, para...

Xa está aberta a inscrición en liña para o roteiro de Ons e Sálvora e outras actividades

25-04-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición nos próximos roteiros. O primeiro roteiro será "Polas sendas da pesca" que se realizará o domingo 6 de maio. O seguinte roteiro será o domingo 10 de xuño " Illas de Sálvora e ONS".  Para calquera destes roteiros o Concello ten habilitadas...

Participa na 1ª acción voluntaria medio ambiental "Hoxe imos limpar"

17-04-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior pon en marcha un novo  programa de educación e sensibilización medio ambiental no que se implican varios departamentos: Educación, Medio ambiente e Voluntariado. Dentro do Plan Municipal de Voluntariado nacen as iniciativas SI QUERO, COLABORAR co fin de promover a participación dos veciños e das veciñas...

Novos cursos e actividades

03-04-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para novos cursos de formación cun enfoque teórico práctico que permita ás persoas a través dunha breve estadía de prácticas, realizadas ao rematar a parte teórica do curso, poder ter un contacto directo coa formación adquirida para desempeñar o posto de...

Encontro da mocidade en San Simón: Vinte mil leguas de viaxe submarino, 2018

20-03-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior publica as bases para participar no Encontro da mocidade que se realizarán en San Simón desde o 20 a 23 de agosto de 2018.  Con este programa o Concello fai unha proposta de participación facilitadora de espazos de encontro e interacción dirixida á mocidade do municipio  para...

Aberto o prazo de inscrición: depoaventura e campamentos polideportivos.

07-03-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior informa que a Deputación de Pontevedra xa publicou as bases para participar no programa DEPOAVENTURA e no programa CAMPAMENTOS POLIDEPORTIVOS. Para recibir información e para poder inscribirse as persoas interesadas poden facelo a través da OMIX do Concello. DEPOAVENTURA. CAMPAMENTOS NA LANZADA 2018 DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA O prazo...

Concurso en lingua galega Verbas para comunicar 2018

28-02-2018 / Verbas para... comunicar

Achégase o día da conmemoración da lingua galega e o Concello de Soutomaior abre o prazo para participar no XI Concurso Verbas para comunicar. Este concurso nace co fin de promover o uso da lingua galega entre a mocidade para que a os mozos e mozas a usen  tanto en...

Programa Xuvenil para os meses de verán

Xov 07-Xun-2018 / Xuventude

Convócanse novas actividades para os meses de verán para a poboación xuvenil do municipio. O Concello de Soutomaior promove un programa no que se inclúen actividades de formación e de lecer co fin de ofrecer unha oferta variada que chegue a diferentes públicos. Ademais de actividades xa coñecidas como a de aquagym, encontro da mocidade en San Simón, ou o...

LEER MÁIS

San Simón, unha illa con moita historia

Encontro da mocidade en San Simón: Vinte mil leguas de viaxe submarino, 2018

Mar 20-Mar-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior publica as bases para participar no Encontro da mocidade que se realizarán en San Simón desde o 20 a 23 de agosto de 2018.  Con este programa o Concello fai unha proposta de participación facilitadora de espazos de encontro e interacción dirixida á mocidade do municipio  para que participe en contextos informais e espazos naturais co fin...

LEER MÁIS