Luns, 05 Marzo 2018 11:00

Condutas contra a violencia de xénero

 Máis de 100 moz@s dos principais centros educativos do Concello asistiron a un taller para previr a violencia de xénero.

A iniciativa, organizada pola Concellería de Igualdadedo Concellode Soutomaior, co apoio da Secretaría Xeralde Igualdadeda Xunta de Galicia, forma parte do programa de actividades municipais con motivo da celebración, o próximo 8 de marzo, do Día Internacional da Muller.

Os obxectivos do taller son os de incluír a loita contra o sexismoe a violencia de xénero na contorna escolar, favorecer a construción dunha identidade non sexista contraria á violencia, analizar as causas e antecedentes da violencia, desenvolver actitudes de tolerancia e respecto, e minimizar o risco de situacións de violencia de xénero.

Para iso trabállanse conceptos básicos sobre igualdade e violencia, estereotipos, prexuízos, linguaxe non sexista, amor romántico e relacións entre mozos e mozas, e violencia de xénero, antecedentes e factores de risco e de protección.


Publicado en Igualdade


Concellería de Igualdade
CIM - Multiusos de Arcade

Centro de Información a Muller (CIM) - Aviso

26-04-2018 / Igualdade

O Centro de Información a Muller de Arcade (CIM) volverá á normalidade a partir deste venres.  O servizo restablecerase no seu horario habitual. A psicóloga atenderá de luns a venres pola mañá, salvo o xoves pola tarde, mentres a avogada farao os luns pola tarde e os mércores e venres pola mañá. O CIM de Soutomaior presta asesoramento cada ano a máis...