Venres, 02 Marzo 2018 09:32

8 de Marzo - Día Internacional da Muller

O Concello de Soutomaior, dende a Concellería de Igualdade, a cargo de Cristina González  Piedras,  e o CIM  presentan de cara o Dia 8 de Marzo, Día internacional da Muller , diferentes actividades  en distintos eidos:

 As actividades iniciaránse nos Centros educativos do Concello,  a cargo dunha charla-coloquio impartida por persoal do CRI, Centro de recuperación Integral para mulleres vítimas de violencia de xénero, sito en Santiago de Compostela e dependente da Secretaria Xeral de Igualdade. Esta actividade desenvolverase con alumnos de 4º da ESO.

O Día 8 de Marzo asistintiran escolares de 5º de primaria a participar no espectáculo Teatral “ Ti tamén contas”, promovido polo Fondo galego , a cargo da Compañía teatral a Tropa de Trapo e e que ten coma obxectivos fundamentáis: a educar en valores como a igualdade, o respeto e a liberdade, promover o debate e a reflexión e sensibilizar sobre a cooperación e a solidaridade internacional.

 Por outra banda, ese mesmo  8 de Marzo iniciarase no centro da terceira idade, o obradoiro de memoria e estimulación cognitiva, orientado cara o fomento da saúde  das mulleres, o tempo de ocio e o tecido de redes sociais.

Dentro das actividades de promoción da saúde e da autonomía das mulleres e a prevención da violencia de xénero, desenvolveránse ademáis dous programas o centrados  en promover espazos para o autocoñecemento e a restauracións de proxectos vitais e de identidade,  ambos coa colaboración da Secretaria Xeral de Igualdade.

O primeiro será un obradoiro grupal de Autocoñecemento,  traballará coa  promoción de vínculos afectivos e relacións amorosas para o bo trato, a cargo da facilitadora Tareixa Ledo Regal.

O Segundo será un obradoiro de biodanza, orientado a fomentar a expresión de emocións, a integración e o desenvolvemento de potenciais humanos, a través do traballo corporal.

 O domingo 11 de Marzo , as 19:00 horas, na Casa da Cultura de Soutomaior, terá lugar a Presentación do libro-CD de “Maruxa das Cortellas, tocadora do pandeiro” a cargo da escritora do mesmo Xulia Feixoo, co obxectivo de visibilizar a figura da Muller no mundo da música tradicional galega.

A presentación do libro, seguiralle a actuación musical  de Xisco Feijoo y Alba Faro, y posteriormente  as pandereteiras de Soutomaior.

 Dentro das actividades de participación sociocultural,  realizaránse dous monográficos, un de laboratorio Textil, o xoves 15 de Marzo, e outro de elaboración de kokedamas o xoves 22 de Marzo, no Centro Multiusos en Arcade.

Para máis información sobre a programación ou inscricións, dirixirse o CIM, chamar o 986701227


Publicado en Igualdade


Concellería de Igualdade
CIM - Multiusos de Arcade

Centro de Información a Muller (CIM) - Aviso

26-04-2018 / Igualdade

O Centro de Información a Muller de Arcade (CIM) volverá á normalidade a partir deste venres.  O servizo restablecerase no seu horario habitual. A psicóloga atenderá de luns a venres pola mañá, salvo o xoves pola tarde, mentres a avogada farao os luns pola tarde e os mércores e venres pola mañá. O CIM de Soutomaior presta asesoramento cada ano a máis...