Xoves, 08 Febreiro 2018 11:16

Obradoiro para mulleres: Relacións para un Bo Trato

A Concelleria de Igualdade do Concello de Soutomaior, organiza por segundo ano consecutivo un obradoiro para mulleres de crecemento persoal e autocoñecemento como ferramenta para crear rede sociais e afectivas entre mulleres e fomentar as relacións de bo trato e sororidade.

Así mesmo, este tipo de obradoiros están enmarcadas dentro das acción de prevención da violencia de xénero, por ser contextos terapéuticos e sociais onde se fomentan recursos de autoprotección e autocoidado, precisos para estabrecer vínculos afectivos saudables.

O Obradoiro é totalmente gratuíto, e ten prazas limitadas.

ABERTO PRAZO DE INSCRICIÓNS. Inscricións: CIM 986 701 227.


Publicado en Igualdade


Concellería de Igualdade
CIM - Multiusos de Arcade

Centro de Información a Muller (CIM) - Aviso

26-04-2018 / Igualdade

O Centro de Información a Muller de Arcade (CIM) volverá á normalidade a partir deste venres.  O servizo restablecerase no seu horario habitual. A psicóloga atenderá de luns a venres pola mañá, salvo o xoves pola tarde, mentres a avogada farao os luns pola tarde e os mércores e venres pola mañá. O CIM de Soutomaior presta asesoramento cada ano a máis...