Xoves, 16 Novembro 2017 12:51

Soutomaior presenta o seu programa de actos "contra a violencia machista"


Baixo o lema "Non o Xustifiques", a iniciativa ten como obxectivo aumentar a conciencia sobre os distintos tipos de abuso e violencia machista, y a implicación que nos fai cómplices.

O Concello de Soutomaior presentou o seu programa de eventos para conmemorar o día 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia Machista, o  Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a Concelleira de Igualdade, Cristina González Piedras, fixeron pública  a nova campaña municipal  de sensibilización e concienciación coa que o Concello pretende "dar visibilidade a moitas formas de violencia que ás veces,  a sociedade ten normalizadas. E non por  iso  deixan de ser formas de violencia", dixo o alcalde durante a presentación.

 

A campaña terá dúas liñas de acción, a primeira a realizarse no Centro de Información as Mulleres (CIM) de Arcade, que pode incluír a lectura dun manifesto en apoio a todas as vítimas de violencia machista, e de condena institucional a esta lacra social, e un concerto, man do cuarteto de cordas "Lulavai", e unha segunda liña na que se involucrará gran parte do comercio local de Soutomaior. Durante a campaña, os locales adheridos a campaña, contarán cunha  serie de carteis e distintivos  de apoio á iniciativa e trasladarán a mensaxe entre  os seus clientes, através de bolsas de pano con mensaxes de aviso sobre as distintas formas de violencia machista. "Coa distribución destas bolsas  queremos  que a campaña chegue a rúa , as persoas e a vida cotiá", explicou González. Ademais, instalarase na rúa principal de Arcade o coñecido como "iceberg das formas de violencia machista", unha figura representativa dos diferentes niveis de abuso e violencia con base no seu grao de visibilidade e sutileza.

Pola súa banda, o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, quería "chamar a todos os homes a se involucrar dun xeito real nesta loita. Ser indiferente fainos cómplices, Non o xustifiques", concluíu o rexidor.


Publicado en Igualdade

Medios


Concellería de Igualdade
CIM - Multiusos de Arcade

Premio Concurso Escolar contra a violencia de xenero

27-11-2017 / Igualdade

David Alján obtivo o terceiro premio do Concurso Escolar de Relato e Debuxo contra a Violencia de Xénero O certame, impulsado pola Subdelegación do goberno, estaba dirixido a alumnos a partir dos 12 anos e chegou a 130 centros de toda a provincia. "Aquela violencia oculta tras a palabra `amor´ ía despoxándome dá súa disfrace coma pingas de auga baten na pedra...