Luns, 20 Marzo 2017 13:44

A Muller e o Mar

A Concellería de Igualdade do Concello de Soutomaior, inicia hoxe un dos derradeiros actos programados ó longo do mes de Marzo con motivo do Dia Internacional da Muller,  para visibilizar a figura femenina en relación o mundo do mar.

Hoxe, a edil de Igualdade, Cristina González Piedras,  inaguraba  a exposición da obra de Irene Silva Xiráldez, no Multiusos de Arcade, en relación a Muller e o mar.

 

FIGURANDO MULLERES

É unha pequena escolma de imaxes prendidas na memoria de Irene Silva, esencias e emocións que interpreta en figuras, trazos e cores onde a muller é a protagonista.

A presenza da muller é unha constante no seu traballo: mariscadoras, campesiñas, pandeireteiras, bañistas, todas e cada unha no seu estar, sen prexuízos e sen condicións.

Organizada polo Concello de Soutomaior, esta mostra pretende ser unha fiestra aberta na que podemos ver as mulleres, o seu traballo, a súa forza e a súa beleza con naturalidade, positiva e libremente interpretada pola mirada da artista.

A exposición permanecerá ata o vindeiro 31 de Marzo, onde se clausurará xunto coa proxección do documental local “ A muller e o mar”, dando inicio a programación da fin de semana da Festa da Ostra.

 

DOCUMENTAL LOCAL

Soutomaior é unha vila que dende sempre estivo ligado ó mar, un dos seus produtos máis destacados é a ostra que hai anos era unha das fontes de ingresos máis importantes para a Vila, co paso do tempo foron apracendo novos moluscos como o berberecho, ameixa, longueirón etc. A día de hoxe son moitas as persoas que viven do mar, sobre todo mulleres xa que sempre se destinou este tipo de traballo ás mulleres, falamos do marisqueo. Pero non so o marisqueo ten relevancia en Soutomaior a venda de peixe da ría fixo que este Vila estivera considerada como unha das máis atractivas na súa gastronomía, de sobra é ben coñecido a importancia da hostalería en Arcade.

A Muller e o Mar e unha documental que conta en primeira persoa como é o fascinate traballo das mulleres que cada día saen a faenar sen importar a inclemencia do tempo, o mar é un deses traballos que non pregunta se estás preparada,  el ponte a proba a cada momento. Pero como é esta vida dende dentro? A que  hora hai que erguerse para ir a mercar o peixe a ribeira do Berbés?  A Muller e o Mar ten a resposta.


Publicado en Igualdade


Concellería de Igualdade
CIM - Multiusos de Arcade

Centro de Información a Muller (CIM) - Aviso

26-04-2018 / Igualdade

O Centro de Información a Muller de Arcade (CIM) volverá á normalidade a partir deste venres.  O servizo restablecerase no seu horario habitual. A psicóloga atenderá de luns a venres pola mañá, salvo o xoves pola tarde, mentres a avogada farao os luns pola tarde e os mércores e venres pola mañá. O CIM de Soutomaior presta asesoramento cada ano a máis...