Martes, 20 Marzo 2018 19:35

Nos Peares, Ourense

Aventura en Inglés: programa de inmersión lingüística.

O Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación pon en marcha como novidade o programa: AVENTURA EN INGLÉS.

Trátase dunha aposta do Concello por promover a aprendizaxe de linguas extranxeiras para que os mozos e mozas poidan desenvolver e mellorar as súas competencias lingüïsticas.  Para practicar o inglés en situacións cotiás nun ambiente de inmersión total, para promover a adquisición de competencias e habilidades sociais en relación á autonomía e as competencias cívico – sociais, fomentarr o interese por outras culturas e realidades mediante unha experiencia única  nun entorno moi especial e promover valores sociais e persoais enriquecedores para as persoas participantes e tamén para a comunidade xeral.

Aventura en inglés tamén é un programa cultural e lúdico que utilizará como lingua vehicular o inglés en todas as actividades e con presenza 100% da cultura inglesa porque conta con profesorado nativo e con monitores/as de tempo libre bilingües (inglés/galego). Durante a duración da estancia que durará unha semana participarán en actividades de comunicación oral con persoas nativas,  actividades enfocadas ao coñecemento da cultura inglesa, actividades de lecer e convivencia nun entorno con moita historia porque Peares é o único centro de inmersión lingüística de España adicado exclusivamente a isto. Sitúase nun antiguo pobo construido a principios do século XX para albergar aos/ás traballadores/as e directivos de la presa hidroeléctrica de Os Peares. Restaurado en 2009 por Gas Natural Fenosa, é agora una instalación moderna e funcional, situada en plena Ribeira Sacra, na confluencia dos ríos Miño e Sil, un entorno natural único ideal para gozar de aventuras e programas formativos en inglés.

  • Prazas: mínimo 25 máximo 60.
  • Datas: 9 a 15 de setembro (7 días/6 pernoctas)
  • Lugar: Centro de inmersión lingüística OS PEARES.
  • Prazo de inscrición: na OMIX desde 24 de abril ata 31 de maio.
  • Custe: 70€ empadroados/as; 250€ non empadroados/as.
  • Inclúe: actividades, material, personal titulado, pernocta en instalacións na, manutención completa, seguridade.

OBSERVACIÓNS: Realizarase unha reunión co equipo de monitores/as en setembro: a data comunicarase cando se comunique a admisión.
Máis información en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.ou na OMIX, 986700822 - Consultar bases


Publicado en Educación

Información adicional

  • Inscricións ata: Xoves, 31 Mai 2018


Concellería de Educación
educacion@soutomaior.com

Inscrición aberta para o Roteiro "Polas sendas da pesca". Domingo 6 de maio

09-04-2018 / Roteiros Medioambientais

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar no roteiro segundo roteiro organizado para este trimestre dentro do programa municipal de educación medio ambiental de Roteiro medio ambientais guiados: coñece o teu entorno e arredores". O roteiro realizarase si o tempo o permite o domingo 6 de maio de 2018.  O percorrido comeza na casa dos/as Pescadores/as que hai...