Venres, 09 Febreiro 2018 09:36

Entroido na Escola Infantil de Romariz

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, recibiu onte nas oficinas municipais a tradicional visita da comparsa infantil da escola de Romariz.   

Ataviados para a ocasión con traxes de dinosauros que eles mesmos confeccionaron, un ano máis, os alumn@s desta escola infantil percorreron as rúas de Soutomaior desde o seu colexio ata as oficinas do Concello para gozar dun intre agradable en compañía do Alcalde e os traballadores municipais.   

A comparsa de dinosauros, formada por máis de 15 persoas entre os nen@s, os seus país, nais e profesores, chegou ao Concello ao redor das 10:30 horas da mañá. Tras ser recibidos o alcalde, Agustín Reguera, e os nen@s compartiron un divertido intre de lecer e xogos percorrendo as estancias da Casa do Concello e recibiron unhas lambetadas.  

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, expresou a súa satisfacción con esta clase de iniciativas, que pretenden fomentar as festas populares entre os máis pequenos do Concello. “As festas significan alegría, e nada proporciona máis alegría neste mundo que os nen@s”, afirmou o edil. Ao terminar, a comparsa infantil regresou á Escola de Romariz onde os pequenos gozaron dun xantar típico destas datas.


Publicado en Educación


Concellería de Educación
educacion@soutomaior.com

Visita didáctica á Horta Municipal

25-05-2018 / Horta Urbana Ecolóxica

Escolares de 1º da ESO do Colexio M. Padin Truteiro visitaron hoxe a Horta Municipal. Acompañados polo profesorado do centro e dentro do programa formativo das materias de Bioloxía puideron coñecer unha experiencia práctica  sobre como funciona unha horta comunitaria que traballa en ecolóxico baixo os principios da biodinámica. A mestra, acompañada dun hortelano e unha hortelana que participan actualmente...