Luns, 18 Decembro 2017 16:02

Obradoiros lúdicos sobre Arquitectura. Últimas prazas

Durante as vacacións de Nadal os días 27 de decembro e o 3 de xaneiro en horario de mañá o Concello de Soutomaior ofrece aos rapaces e rapazas de 4 a 17 anos unha proposta lúdica e formativa para explorar no ámbito da Arquitectura e a creación. Estas actividades serán moi entretidas, creativas e innovadoras. A proposta diferencia tres actividades diferentes en función das idades:

OBRADOIRO: o refuxio
Idades: 4 a 7 anos

Datas: 27 de decembro e 3 de xaneiro
Horario: 10,15 a 11,15 h
Descrición: o xogo para explorar a idea de refuxio desde a perspectiva 
do corpo en relación co espazo. Realizaremos experimentos plásticos 
e psicomotores, construcións colectivas a partir do xogo simbólico e os roles. 
OBRADOIRO: no chan
Idades: 8 a 11 anos
Datas: 27 de decembro e 3 de xaneiro
Horario: 11,30 a 12,30 h
Descrición: mediante o xogo e o visual traballaranse destrezas múltiples 
con actividades de construcción. Experimentación física da gravidade cunha 
actividade visoespacial. A estrutura molecular e as incribles figuras xeométricas, 
experimentaremos co triángulo como elemento xerador de tridimensionalidade.
OBRADOIRO: a casa
Idades: 12 a 17 anos
Datas: 27 de decembro e 3 de xaneiro
Horario: 12,45 a 14,15 h
Descrición: a través do xogo realizaremos un percorrido sobre a historia e a 
diversidade de casas. Exercizos gráficos de planos e elaboración de maquetas 
de traballo; arquitecturas populares, avances na arquitectura sostible…. 
Como queremos que sexan os nosos fogares?

 

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse mediante o formulario EN LIÑA neste enderezo: https://goo.gl/forms/XAmDi9FMpEJfkNud2

As prazas son limitadas e os obradoiros son de balde!

Prazo de inscrición ata o 22 de decembro. Máis información na OMIX - tEL. 986700822

 


Publicado en Educación


Concellería de Educación
educacion@soutomaior.com

Obradoiros lúdicos sobre Arquitectura. Últimas prazas

18-12-2017 / Educación

Durante as vacacións de Nadal os días 27 de decembro e o 3 de xaneiro en horario de mañá o Concello de Soutomaior ofrece aos rapaces e rapazas de 4 a 17 anos unha proposta lúdica e formativa para explorar no ámbito da Arquitectura e a creación. Estas actividades serán moi entretidas, creativas e innovadoras. A proposta diferencia tres actividades...

O magazine que te fai falar en inglés

Atrévete co inglés! participa en SOUTONEWS

Mer 25-Out-2017 / SoutoNews Magazine

O Concello de Soutomaior pon en marcha Soutonews, Magazine Xuvenil. Trátase dun programa de inmersión lingüística en inglés no que os/as participantes elaborarán o seu propio magazine xuvenil, encargándose de crear diferentes seccións: cultura, economía, deportes, sociedade, sucesos,…  O que se pretende é mellorar as competencias lingüísticas dos mozos e mozas, que  perdan a vergoña a falar en inglés e...

LEER MÁIS

A programación trimestral

Participa na comparsa municipal de Entroido

Ven 19-Xan-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior abre o prazo para participar na comparsa municipal de entroido e desfilar co resto de comparsas anotadas que se realizará o domingo 18 de febreiro de 2018. Un ano máis co fin de promover a participación da xente nova e do resto de veciños e veciñas Xuventude convoca un obradoiro de elaboración da comparsa durante o cal...

LEER MÁIS

Iniciamos 2018 con novas actividades

Ven 12-Xan-2018 / Xuventude

O Concello de Soutomaior convoca novas actividades programadas desde a Concellería de Xuventude dirixidas ao público xuvenil fundamentalmente pero abertas a todas as idades. Nestre primeiro trimestre do ano despegamos con actividades de formación dirixidas á formación para o emprego e á adquisición de competencias de utilidade para a vida diaria facilmente transferibles aos diferentes ámbitos: persoal, social e laboral. Para...

LEER MÁIS