Mércores, 15 Novembro 2017 13:22

25 persoas participaron no Roteiro a Enerxía da Auga

O pasado domingo 12 de novembro participaron 25 persoas no roteiro A ENERXÍA DA AUGA. Actividade enmarcada dentro do programa municipal "Roteiros mediambientais: coñece o teu entorno e arredores".

Durante unha duración aproximada de 3 h. as persoas inscritas, con idades moi variadas que ían desde os 6 anos ata os 68, guiadas por unha monitora puideron coñecer recunchos do Concello dos que non sabían nada ou nunca tiveran a oportunidade de visitar; tamén, aprender a observar bichiños que forman parte da fauna dos nosos ríos, descubrir como funciona unha minicentral de auga e compartir inquedanzas e dúbidas en relación á protección e coidado do noso patromonio mediambiental.

En https://www.facebook.com/educacion.soutomaior pódesen ver algunhas das fotos realizadas durante a xornada.

O Concello continuará organizando e desenvolvendo este programa de educación e sensibilización medioambiental ofertando nos roteiros a partir de xaneiro de 2018 

 

 


Publicado en Educación


Concellería de Educación
educacion@soutomaior.com

Xornada de sensibilización sobre a diversidade funcional

27-11-2017 / Educación

QUE DIS?... CAPACIDADE SI, MOITA Con este lema o Concello de Soutomaior programa para este sábado 2 de decembro en Talorío de 16 a 17.45 h unha serie de actividades lúdicas e de sensibilización co gallo do “día internacional da discapacidade”(termo recoñecido así pola OMS). A Concellería de Educación promove esta xornada cun enfoque positivo e participativo para promover unha educación inclusiva...

O magazine que te fai falar en inglés

Atrévete co inglés! participa en SOUTONEWS

Mer 25-Out-2017 / SoutoNews Magazine

O Concello de Soutomaior pon en marcha Soutonews, Magazine Xuvenil. Trátase dun programa de inmersión lingüística en inglés no que os/as participantes elaborarán o seu propio magazine xuvenil, encargándose de crear diferentes seccións: cultura, economía, deportes, sociedade, sucesos,…  O que se pretende é mellorar as competencias lingüísticas dos mozos e mozas, que  perdan a vergoña a falar en inglés e...

LEER MÁIS