Xoves, 09 Novembro 2017 18:56

Obradoiros lúdicos de Arquitectura para as vacacións do Nadal

Achégase o Nadal e o Concello de Soutomaior pon en marcha a súa programación abrindo o prazo de inscrición para participar nos OBRADOIROS LÚDICOS DE ARQUITECTURA dirixidos a idades comprendidas entre os 4 e os 17 anos.

Todos os anos desde a Concellería de Educación ofrécense actividades lúdicas cun compoñente formativo para que durante  as vacacións de Nadal ademais de descansar e disfrutar poidamos aprender e experimentar cousas diferentes. O ano pasado os obradoiros tiñan  como temática a ciencia e o arte e nesta ocasión a temática será a arquitectura e o noso entorno. Neste obradoiros explorarase a idea do refuxio, o chan ou a casa. Unha aposta por achegar a arquitectura aos máis pequenos e á xuventude para concebir novas ideas a partir do narrado ou visual, usando o xogo plástico, psicomotor ou simbólico de construcción colectiva. Introducindo nos obradoiros actividades de construcción, elaboración de maquetas ou experimentar coa gravidade .

Os obradoiros terán unha metodoloxía moi lúdica, práctica e participativa adaptándose contidos e actividades para cada idade. Ofrecemos tres posibilidades:

OBRADOIRO: o refuxio

  • Idades: 4 a 7 anos
  • Datas: 27 de decembro e 3 de xaneiro
  • Horario: 10,15 a 11,5 h
  • Descrición: o xogo para explorar a idea de refuxio desde a perspectiva do corpo en relación co espazo. Realizaremos experimentos plásticos e psicomotores, construcións colectivas a partir do xogo simbólico e os roles.

OBRADOIRO: no chan

  • Idades: 8 a 11 anos
  • Datas: 27 de decembro e 3 de xaneiro
  • Horario: 11,30 a 12,30 h
  • Descrición: mediante o xogo e o visual traballaranse destrezas múltiples con actividades de construcción. Experimentación física da gravidade cunha actividade visoespacial. A estrutura molecular e as incribles figuras xeométricas, experimentaremos co triángulo como elemento xerador de tridimensionalidade.

OBRADOIRO: a casa

  • Idades: 12 a 17 anos
  • Datas: 27 de decembro e 3 de xaneiro
  • Horario: 12,45 a 14,15 h
  • Descrición: a través do xogo realizaremos un percorrido sobre a historia e a diversidade de casas. Exercizos gráficos de planos e elaboración de maquetas de traballo; arquitecturas populares, avances na arquitectura sostible…. Como queremos que sexan os nosos fogares?

Prazo de inscrición: ata o 22 de decembro

INSCRICIÓN EN LIÑA: Obradoiros lúdicos de Arquitectura

As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior.

Máis información na OMIX, Tel, 986700822 ou en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 


Publicado en Educación


Concellería de Educación
educacion@soutomaior.com

Campaña de sensibilización medio ambiental

18-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva dúas accións voluntarias. A segunda acción voluntaria: imos informar e concienciar coa que se pretende informar e concienciar sobre a importancia de reducir o uso de plásticos, facer unha boa...

Os titulares de Educación

Campaña de sensibilización medio ambiental

18-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva...

Domingo 15 de xullo: imos informar e concienciar

13-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva...

Domingo 15 de xullo: Imos informar e concienciar. Acción voluntaria

13-07-2018 / Si quero, colaborar

O  Concello de Soutomaior promove a educación medio ambiental baixo o lema SI QUERO, COLABORAR. Este programa iniciado no ano 2018 xa vai pola segunda acción que concluirá este domingo...

Ampliación de prazo e de idade Aventura en inglés

27-06-2018 / Educación

O Concello de Soutomaior  amplía o prazo para participar na actividade AVENTURA EN INGLÉS ata o 19 de xullo de 2018. Tamen se fai unha modificación na idade podendo participar...