Xoves, 11 Mai 2017 21:36

Prazo aberto

Novos roteiros medioambientais e máis actividades

O Concello de Soutomaior promove novas actividades na área de Educación para os meses de maio e xuño.

Comezamos cunha nova proposta do programa ROTEIROS MEDIOAMBIENTAIS: coñece o teu Concello que nesta ocasión conta con dous roteiros. O primeiro previsto para o domingo 28 de maio que vai percorrer as diferentes paisaxes de Aranza. Partiremos da zona máis baixa, a carón do río Oitavén e subiremos ata case 300m. É unha subida esixente, pero que se fai máis levadeira ao observar a beleza que nos rodea. Visitaremos os socalcos e algunha zona de monte alto, teremos vistas aos canóns do Oitaven, camiñaremos entre muros antigos e poderemos remollar os pés nas pozas de Aranza, para regresar polas intrincadas rúas da zona.

O seguinte previsto para o domingo 18 de xuño que comeza na casa dos/as Pescadores/as que hai en Sobral e discorre todo o tempo a por ambas marxes do río Oitavén. No noso camiño teremos ocasión de aprender algo máis sobre a dinámica do río, as súas árbores e con algo de sorte, ver algúns dos animais que teñen aquí o seu fogar. Tamén poderemos visitar un par de muíños agochados entre a vexetación. E se o tempo acompaña, ao finalizar, poderemos gozar dun baño nas augas claras e frescas do río. 

Para participar é obrigatorio inscribirse previamente na OMIX porque as prazas son limitadas.

Outra das actividades programadas para este trimestre dentro do programa APRENDENDO EN FAMILIA: escola de pais e nais é a charla obradoiro organizada sobre o tema do ACOSO ESCOLAR. Que terá lugar o martes 30 de maio de 18,00 a 19,30 no CPI M. Padin Truiteiro e que vai dirixida a familias  e interesados/as en xeral. Poderase acudir con nenos/as porque haberá unha monitora encargada de realizar actividades con eles/as mentras que as familias asisten á charla.

Máis información sobre estes programas na web municipal www.soutomaior.com ou en gabinetesoutomaior.com

 

 

 

 


Publicado en Educación


Concellería de Educación
educacion@soutomaior.com

5 de xuño. Festa do Medio Ambiente en Talorío

01-06-2018 / Educación

Para conmemorar o día mundial do Medio Ambiente que se celebra o 5 de xuño o Concello de Soutomaior ten previsto un programa de actividades que se realizarán en Talorío  en horario de 18 a 20 h. A programación inclúe actividades para todas as idades. Desde unha xincana para xogar e superar probas de xeito individual e grupal nas cales os/as...

Os titulares de Educación

2º acción voluntaria! Imos informar e concienciar

13-06-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar a segunda acción voluntaria do programa de educación medio ambiental SI QUERO, COLABORAR. Nesta ocasión a acción terá dúas...

5 de xuño. Festa do Medio Ambiente en Talorío

01-06-2018 / Educación

Para conmemorar o día mundial do Medio Ambiente que se celebra o 5 de xuño o Concello de Soutomaior ten previsto un programa de actividades que se realizarán en Talorío ...

Visita didáctica á Horta Municipal

25-05-2018 / Horta Urbana Ecolóxica

Escolares de 1º da ESO do Colexio M. Padin Truteiro visitaron hoxe a Horta Municipal. Acompañados polo profesorado do centro e dentro do programa formativo das materias de Bioloxía puideron...

2 de xuño: Hoxe imos limpar. Voluntariado e educación medioambiental

22-05-2018 / Educación

Si quero, colaborar é unha iniciativa do Concello de Soutomaior que promove o voluntariado en diferentes áreas de intervención. Encadrada dentro do Plan Municipal de Voluntariado nesta ocasión este programa...