Mércores, 19 Abril 2017 13:54

Mentes inquedas: robótica, informática e electrónica

Hoxe o  Concello de Soutomaior iniciou o proxecto Tecnoloxía para mentes inquedas que terá lugar ao longo de varias xornadas formativas  no CPI Manuel Padin Truiteiro promovidas desde a Concellería de Educación. Con este proxecto apóstase por unha formación integral do alumnado propoñendolle ao centro un proxecto baseado nunha pedagoxía que  incorpora as ferramentas necesarias para complementar o traballo realizado polo profesorado e que permita mellorar a xestión da aprendizaxe, co fin de provocar:

Mellora no rendemento académico.

Crecemento persoal.

Desenvolvemento de habilidades específicas.

Aumento da motivación cara ao coñecemento.

Tolerancia e respecto cara ao grupo.

Aumento e reforzo da autoestima

Coa colaboración do centro e das profesoras responsables da área de tecnoloxía do CPI Padin Truiteiro concretamos a nosa proposta inicial para poñer en marcha estas xornadas de Tecnoloxía para Mentes Inquedas  dirixido a alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO orientadas a introducir aos nenos/as en diferentes areas de coñecemento, das que poidan entrar e saír, en función do seu rendemento persoal, a súa motivación, o seu interese ou ben as súas habilidades. 

A programación que presentamos para estes obradoiros baséase en asumir pequenos retos suscitados en cada traballo, tendo en conta as seguintes características metodolóxicas:

Personalizado (APRENDE)

Baseado en proxectos (FAI)

Baseado no traballo (APLICA)

Baseado en competencias (AMOSA)

Traballaremos de forma grupal pero atendendo a individualidade, porque cada neno/a debe de ser o protagonista da súa aprendizaxe. O equipo de monitores/as contratado integrarase ao 100% cos nenos/as, participando das actividades e desenvolvendo tanto os roles de educadores/as como de compañeiros/as, fomentando deste xeito outro tipo de valores. As didácticas son totalmente prácticas, aprendendo a través da execución de cada proxecto, xestionando os erros e estimulando todas e cada unha das emocións que están detrás de facetas tan importantes como o descubrimento, o valor, o reto, a autoestima e o respecto. Por todos estes motivos non é necesario separar aos nenos/as por idades.

A actividade desenvolverase os días 19,21 e 24 de abril e as disciplinas a tratar serán:

Tecnoloxía:
Electrónica | Robótica

Deseña, crea e resolve problemas tecnolóxicos dunha forma creativa e cooperativa. Aprenderán a comprender a tecnoloxía que os rodea e a resolver problemas dividíndoos noutros máis sinxelos. (materiais a utilizar: moss robotics, makeblocks, placas e compoñentes electrónicos e estructurais con arduino, littlelbits).

Con cada pequeno reto proposto o alumnado experimentará un proceso que os/as levará a conseguir o gran reto final.


Publicado en Educación


Concellería de Educación
educacion@soutomaior.com

Obradoiros lúdicos sobre Arquitectura. Últimas prazas

18-12-2017 / Educación

Durante as vacacións de Nadal os días 27 de decembro e o 3 de xaneiro en horario de mañá o Concello de Soutomaior ofrece aos rapaces e rapazas de 4 a 17 anos unha proposta lúdica e formativa para explorar no ámbito da Arquitectura e a creación. Estas actividades serán moi entretidas, creativas e innovadoras. A proposta diferencia tres actividades...

O magazine que te fai falar en inglés

Atrévete co inglés! participa en SOUTONEWS

Mer 25-Out-2017 / SoutoNews Magazine

O Concello de Soutomaior pon en marcha Soutonews, Magazine Xuvenil. Trátase dun programa de inmersión lingüística en inglés no que os/as participantes elaborarán o seu propio magazine xuvenil, encargándose de crear diferentes seccións: cultura, economía, deportes, sociedade, sucesos,…  O que se pretende é mellorar as competencias lingüísticas dos mozos e mozas, que  perdan a vergoña a falar en inglés e...

LEER MÁIS