Mércores, 13 Xuño 2018 11:40

2º acción voluntaria! Imos informar e concienciar

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar a segunda acción voluntaria do programa de educación medio ambiental SI QUERO, COLABORAR. Nesta ocasión a acción terá dúas sesións, unha primeria que se realizará o martes 26 de xuño na Carballeira de Arcade durante ca cal se prepararán a modo de obradoiro deseño da campaña informativa sobre os malos usos dos resisuos e a segunda sesión que se realizará o domingo 15 de xullo xa será a acción de campo na que irremos ata a praia da Ponte Colgante para informar ás persoas sobre o custe que ten para o medio ambiente deixar lixo nas praias e na natureza e o que estes residuos tardan en descompoñerse. Tamén se colorán so carteis da campaña na que se poderá acceder a moita información sobre este tema. 

As persoas interesadas podes anotarse a través da inscrición en liña : http://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina/eventodetalle/1595/accion-2-hoxe-imos-informar-e-concienciar

As prazas son limitadas. As persoas que xa son voluntarias do programa  de voluntariado soamente terán que inscribirse na segunda acción. As persoas que son novas terán ademais de inscribirse que presentar copias do acordo de colaboración de voluntariado.

Para recibir máis información sobre este programa podedes chamar á OMIX, Tel. 986700822 ou ben por correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 


Visto 43 veces


Concellería de Educación
educacion@soutomaior.com

5 de xuño. Festa do Medio Ambiente en Talorío

01-06-2018 / Educación

Para conmemorar o día mundial do Medio Ambiente que se celebra o 5 de xuño o Concello de Soutomaior ten previsto un programa de actividades que se realizarán en Talorío  en horario de 18 a 20 h. A programación inclúe actividades para todas as idades. Desde unha xincana para xogar e superar probas de xeito individual e grupal nas cales os/as...

Os titulares de Educación

2º acción voluntaria! Imos informar e concienciar

13-06-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar a segunda acción voluntaria do programa de educación medio ambiental SI QUERO, COLABORAR. Nesta ocasión a acción terá dúas...

5 de xuño. Festa do Medio Ambiente en Talorío

01-06-2018 / Educación

Para conmemorar o día mundial do Medio Ambiente que se celebra o 5 de xuño o Concello de Soutomaior ten previsto un programa de actividades que se realizarán en Talorío ...

Visita didáctica á Horta Municipal

25-05-2018 / Horta Urbana Ecolóxica

Escolares de 1º da ESO do Colexio M. Padin Truteiro visitaron hoxe a Horta Municipal. Acompañados polo profesorado do centro e dentro do programa formativo das materias de Bioloxía puideron...

2 de xuño: Hoxe imos limpar. Voluntariado e educación medioambiental

22-05-2018 / Educación

Si quero, colaborar é unha iniciativa do Concello de Soutomaior que promove o voluntariado en diferentes áreas de intervención. Encadrada dentro do Plan Municipal de Voluntariado nesta ocasión este programa...