Venres, 01 Xuño 2018 20:09

5 de xuño. Festa do Medio Ambiente en Talorío

Para conmemorar o día mundial do Medio Ambiente que se celebra o 5 de xuño o Concello de Soutomaior ten previsto un programa de actividades que se realizarán en Talorío  en horario de 18 a 20 h.

A programación inclúe actividades para todas as idades. Desde unha xincana para xogar e superar probas de xeito individual e grupal nas cales os/as participantes terán que ir demostrando coñecemento sobre temas medio ambientais e tamén habilidades que lles permitirán superar as estacións e chegar á meta. Serán probas moi divertidas, fáciles e lúdicas aptas para todos os públicos. Tamén haberá xogos musicais, malabares e monociclos para animar a festa.

Ademais, destas iniciativas desde o Concello tamén se promoven outras iniciativas con fin de promover valores de respeto e coidado ao medio ambiente, actividades de voluntariado medio ambiental, roteiros, etc. Preténdese poñer en marcha iniciativas que sensibilicen sobre a necesidade coidar a natureza e concienciar sobre a necesidade de contaminar menos para conservar os recursos naturais . Este sábado´2 de xuño comezamos coa primeira acción de voluntariado: Hoxe Imos limpar que se levará a cabo nunha pequena praia de Arcade e coa que se pretende concienciar sobre a necesidade de reducir o usos de plásticos e da necesidade de reciclar para que non acaben nos nosos mares e praias.

A seguinte acción  "Hoxe imos informar e concienciar" durará dúas xornadas:  martes 26 de xuño de 17.00 a 19.00 h na Carballeira de Arcade para elaborar o material da campaña informativa e  domingo 15 de xullo de17.00 a 20.00 h para realizar a acción de campo que se levará a cabo na praia da Ponte Colgante  sobre o Verdugo durante a cal se colocarán os carteis pintados anteriormente e se falará coa xente que esté no río, para informala e concienciala sobre o problema citado. 

 

 

 


Publicado en Educación


Concellería de Educación
educacion@soutomaior.com

Campaña de sensibilización medio ambiental

18-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva dúas accións voluntarias. A segunda acción voluntaria: imos informar e concienciar coa que se pretende informar e concienciar sobre a importancia de reducir o uso de plásticos, facer unha boa...

Os titulares de Educación

Campaña de sensibilización medio ambiental

18-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva...

Domingo 15 de xullo: imos informar e concienciar

13-07-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva...

Domingo 15 de xullo: Imos informar e concienciar. Acción voluntaria

13-07-2018 / Si quero, colaborar

O  Concello de Soutomaior promove a educación medio ambiental baixo o lema SI QUERO, COLABORAR. Este programa iniciado no ano 2018 xa vai pola segunda acción que concluirá este domingo...

Ampliación de prazo e de idade Aventura en inglés

27-06-2018 / Educación

O Concello de Soutomaior  amplía o prazo para participar na actividade AVENTURA EN INGLÉS ata o 19 de xullo de 2018. Tamen se fai unha modificación na idade podendo participar...