Martes, 22 Mai 2018 18:29

2 de xuño: Hoxe imos limpar. Voluntariado e educación medioambiental

Si quero, colaborar é unha iniciativa do Concello de Soutomaior que promove o voluntariado en diferentes áreas de intervención. Encadrada dentro do Plan Municipal de Voluntariado nesta ocasión este programa ten como finalidade sensibilizar , educar e promover condutas máis responsables co medio ambiente e a natureza. O programa consta de varias accións que se levarán a cabo durante o ano 2018. Cada acción terá unha parte inicial de formación e logo unha acción de campo. A primeira acción terá lugar o sábado 2 de xuño: HOXE IMOS LIMPAR!

Esta acción trata contidos como: a selección, recollida e tratamento de residuos que chegan as nosas praias.O obxectivo é o de  sensibilizar sobre o exceso no uso de plásticos e residuos que chegan as nosas praias e reflexionar sobre o impacto visual e as consecuencias que teñen para a fauna, a flora e o ser humano.

Comezaremos a xornada cunha pequena charla, de aproximadamente unha hora de duración, sobre os impactos medio ambientais dos residuos non nosos mares, facendo especial fincapé nos plásticos. Tamén haberá espazo para o debate e a reflexión. Posteriormente camiñaremos un pouco ata a praia obxecto da limpeza que imos realizar. É unha praia pequena, pouco frecuentada e descoñecida por moitos, que non é sometida a limpeza habitualmente. 

  • Alí estaremos sobre hora e media recollendo os residuos, co material de apoio que aportará o Concello. 
  • Ao rematar, ou no medio, haberá un pequeno refrixerio para repoñer forzas. 
  • Ao finalizar, reflexionaremos sobre a xornada vivida e poremos en común medidas que están da nosa man.
  • Por último, subiremos os sacos co lixo ata un punto onde poida acceder un vehículo que os transporte e os deixe nos colectores de lixo axeitados para o seu tratamento

As persoas interesadas en participar deberán anotarse na OMIX ou ben a través da web: INSCRICIÓNS Acción 1: Hoxe imos limpar

O prazo de inscrición remata o 25 de maio. As prazas son limitadas!

Poden participar persoas de todas as idades. As persoas menores de 12 anos participarán como acompañantes previa autorización dos seus responsables legais. 

 

AXENDA MUNICIPAL

18-Si-quero-colaborar-(Imos-limpar).jpg

Plan Municipal de Voluntariado 
Acción 1: Hoxe imos limpar
Do: 02-06-2018 ó: 02-06-2018 / Inscricións ata: 25 Mai 2018 
Lugar da actividade: Multiusos de Arcade 
Destinatarios/as: +12 (Menores rexistrados)
18-Compromiso-colaboracion-voluntariado.pdf

Inscrición en liña

Descargar adjuntos:

18-Compromiso-colaboracion-voluntariado_2.pdf (4 Descargas)
Visto 303 veces


Concellería de Educación
educacion@soutomaior.com

5 de xuño. Festa do Medio Ambiente en Talorío

01-06-2018 / Educación

Para conmemorar o día mundial do Medio Ambiente que se celebra o 5 de xuño o Concello de Soutomaior ten previsto un programa de actividades que se realizarán en Talorío  en horario de 18 a 20 h. A programación inclúe actividades para todas as idades. Desde unha xincana para xogar e superar probas de xeito individual e grupal nas cales os/as...

Os titulares de Educación

2º acción voluntaria! Imos informar e concienciar

13-06-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar a segunda acción voluntaria do programa de educación medio ambiental SI QUERO, COLABORAR. Nesta ocasión a acción terá dúas...

5 de xuño. Festa do Medio Ambiente en Talorío

01-06-2018 / Educación

Para conmemorar o día mundial do Medio Ambiente que se celebra o 5 de xuño o Concello de Soutomaior ten previsto un programa de actividades que se realizarán en Talorío ...

Visita didáctica á Horta Municipal

25-05-2018 / Horta Urbana Ecolóxica

Escolares de 1º da ESO do Colexio M. Padin Truteiro visitaron hoxe a Horta Municipal. Acompañados polo profesorado do centro e dentro do programa formativo das materias de Bioloxía puideron...

2 de xuño: Hoxe imos limpar. Voluntariado e educación medioambiental

22-05-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

Si quero, colaborar é unha iniciativa do Concello de Soutomaior que promove o voluntariado en diferentes áreas de intervención. Encadrada dentro do Plan Municipal de Voluntariado nesta ocasión este programa...