Martes, 10 Abril 2018 12:52

Camiño de Santiago por etapas

A Concellería de Turismo do Concello de Soutomaior está a preparar a realización do Camiño de Santiago por etapas que se iniciará o próximo 1 de maio.

Dividirase en 6 etapas da seguinte maneira:

  • 1ª Etapa: 1 de maio – Tui/Porriño - 18,7 Km
  • 2ª Etapa: 5 de maio – Porriño/Arcade - 21,5 Km
  • 3ª Etapa: 12 de maio – Arcade/Barro – 23,3 km
  • 4ª Etapa: 17 de maio – Barro/Valga – 23,3 km
  • 5ª Etapa: 26 de maio – Valga/Milladoiro – 24.4 km
  • 6ª Etapa: 3 de xuño – Milladoiro/Santiago – 8 km

Haberá un autobús para a recollida e traslados aos puntos de principio e final de etapa.

As inscricións poderanse realizar ata o 24 de abril en liña (abaixo), no Concello e no Pavillón de Deportes, e terá un custo de 10 €.

A idade mínima para participar é de 15 anos a condición de que vaian acompañados por un adulto responsable.

Hai unhas prazas mínimas para realizar a actividade e as prazas máximas están limitadas por orde de inscrición con preferencia aos empadroados no Concellode Soutomaior.

 

18-Camiño-a-Santiago.jpg

OBRADOIROS / Concellería de Cultura
Camiño a Santiago
Inscricións ata: Martes, 24. April 2018
Datas do: 01-05-2018 o: 03-06-2018
Destinatarios: + 15 anos (menores compañados)

  Inscrición en LIÑA  

 




Concellería de Cultura
Casa do Concello

Espectáculo : Vive o Camiño

20-08-2018 / Cultura, Turismo e Patrimonio

Silvia Penide e Celso Fernández Sanmartín “Celsiño” Alameda Talo Río - Mércores 22 de Agosto - 22,00 horas O Xacobeo organiza unha serie de espectáculos que van recorrer Galicia neste verán. O Concello de Soutomaior, contará cunha actuación musical e de contacontos a cargo de Silvia Penide e “Celsiño”. A primeira, amosaranos un percorrido cheo de historias tanto contadas como cantadas no que se...