Luns, 15 Xaneiro 2018 12:36

Bases desfile de Comparsas 2018

BASES PARA O DESFILE DE COMPARSAS EN ARCADE- ANO 2018

 

1.- O Desfile de comparsas terá lugar o domingo 18 de febreiro de 2018 ás 17.00 horas.

            En caso de chuvia, celebrarase o seguinte domingo, 25 de febreiro.

2.- Requisitos dos participantes

As comparsas deberán gardar unha unidade temática tanto no seu vestiario como na súa actuación. Non se considerarán como comparsas con dereito á inscrición e participación, aquelas que repitan o seu disfrace de anos anteriores. Poderanse excluir como beneficiarios das axudas reguladas nestas bases todos aqueles que non cumplan as condicións esixidas.

O número máximo de comparsas participantes no desfile é de 15 e deberán solicitar a súa participación a través de inscrición no rexistro xeral do Concello .

*Terán preferencia as comparsas que participaron no desfile do ano 2017.

As comparsas participantes no desfile deberán ter un mínimo de 30 compoñentes.(Quedan excluídos neste apartado os conductores dos vehículos e acompañantes que non van disfrazados)

3.-O lugar de saída será a Rúa Calvario, na intersección da Avda. Xosé Solla coa Rúa Cochón.

4.- As comparsas deberán estar no lugar da saída 30 minutos antes de dar comezo o desfile.

A primeira en desfilar será a dos nenos e nenas que forman a comparsa resultante do obradoiro que organiza o Concello de Soutomaior. As demáis o farán por orden de chegada.

5.-Itinerario do desfile: Rúa Calvario, Avda. Xosé Solla e Rúa Rosalía de Castro. Remate na Alameda Talo Río, donde haberá unha festa de entroido coa actuación dun grupo musical ata as 22:00 h.

6.- Procedemento.

A inscrición farase nas Oficinas do Concello de Soutomaior, a través do fax (986.705333) ou ben no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. , en horario de 9:00 h a 14:00 h. ata o xoves 8 de febreiro de 2018.

No momento e formalizar a inscrición , indicarase:

- Nome da comparsa.(Tamén nome da Asociación se é diferente ó da comparsa)

- Nome e apelidos do representante.

- Número de teléfono e mail de contacto.

- Categoría na que se inscribe.

- Número de membros que a compoñen.

Todos estes datos deberán aparecer na solicitude de inscrición. En caso de que non sexa así, a comparsa poderá quedar excluída do desfile.

7.- Os premios pola participación no desfile son os seguintes:

a)Para as comparsas que non leven nin carroza nin música:

-          de 30 a 40 membros: 100 €

-          Máis de 40 membros: 150 €

b)Para as comparsas que leven carroza e música:

-          de 30 a 40 membros: 300 €

-          Máis de 40 membros: 400 €

8.- A asistencia ó desfile, pagarase mediante transferencia bancaria previa presentación da factura correspondente no Concello na cal se indicará o número de conta para facer o ingreso.

Os colectivos que estén exentos de IVA deberán presentar ademáis un certificado d@ secretari@ da asociación no que constará o número de expediente de dita exención. ( Poderán pedir o modelo no Concello no momento de facer a inscrición).

9.- A participación neste desfile, implica a aceptación destas bases.

10.- A organización gárdase o dereito de non deixar desfilar a todas aquelas comparsas que non cumplan algunha das condicións establecidas nestas bases.

 


Descargar adjuntos:

18-bases-desfile-comparsas-2018.pdf (226 Descargas)


Concellería de Cultura
Casa do Concello

I Concurso de composición de pasodobres “Vila de Arcade”

10-05-2018 / Cultura, Turismo e Patrimonio

Aló polo 8 de agosto de 1868, púxose en marcha una agrupación de amigos para comezar una andáina a través da xeografía Española e a través do tempo. Éstas son as raíces da banda de música, que neste ano 2018 cumprirá 150 anos de historia, a Banda de Música Artística de Arcade. Por este motivo, principalmente, a Asociación Musical Artística...