Venres, 01 Decembro 2017 10:25

Concerto da Escola de Música

O Multiusos de Arcade encherase, este domingo a partir das 18,00 h, de música cunha nova edición do tradicional concerto de nadal que ofrecen os alumn@s da Escola de Música Municipal.

Este domingo é unha das datas que os alumn@s da escola municipal de música do Concello de Soutomaior teñen marcada no seu calendario desde hai meses. Para eles supón, ademais dun paso adiante na súa formación musical tocando por primeira vez ante o público, unha ocasión perfecta para demostrar os coñecementos adquiridos durante estes meses ante os seus amigos e familiares.

Ademais dos 30 alumn@s da escola, tamén participará un grupo folk e un coro infantil que interpretará diferentes panxoliñas, sumando un total de máis de 40 músicos de diferentes idades. O repertorio estará composto principalmente por obras de iniciación musical alternando pezas clásicas con outras modernas que encherán de ritmo o auditorio.




Concellería de Cultura
Casa do Concello

Noite de San Xoan 2018

21-06-2018 / Cultura, Turismo e Patrimonio

Sábado 23 de xuño - Peirao de Arcade Arcade vivirá unha “invasión pirata” durante a noite de San Xoan .  A compañía Troula animará a velada co seu espectáculo de lume e pirotécnia antes do encendido da fogueira no Peirao de Arcade O lume, como non podía ser doutra maneira, será o elemento estrela da noite de San Xoan no Concello de Soutomaior. Ademais...