Venres, 01 Decembro 2017 10:25

Concerto da Escola de Música

O Multiusos de Arcade encherase, este domingo a partir das 18,00 h, de música cunha nova edición do tradicional concerto de nadal que ofrecen os alumn@s da Escola de Música Municipal.

Este domingo é unha das datas que os alumn@s da escola municipal de música do Concello de Soutomaior teñen marcada no seu calendario desde hai meses. Para eles supón, ademais dun paso adiante na súa formación musical tocando por primeira vez ante o público, unha ocasión perfecta para demostrar os coñecementos adquiridos durante estes meses ante os seus amigos e familiares.

Ademais dos 30 alumn@s da escola, tamén participará un grupo folk e un coro infantil que interpretará diferentes panxoliñas, sumando un total de máis de 40 músicos de diferentes idades. O repertorio estará composto principalmente por obras de iniciación musical alternando pezas clásicas con outras modernas que encherán de ritmo o auditorio.




Concellería de Cultura
Casa do Concello

I Concurso de composición de pasodobres “Vila de Arcade”

10-05-2018 / Cultura, Turismo e Patrimonio

Aló polo 8 de agosto de 1868, púxose en marcha una agrupación de amigos para comezar una andáina a través da xeografía Española e a través do tempo. Éstas son as raíces da banda de música, que neste ano 2018 cumprirá 150 anos de historia, a Banda de Música Artística de Arcade. Por este motivo, principalmente, a Asociación Musical Artística...