Martes, 14 Novembro 2017 13:40

Programación Nadal 2017

O programa de actividades preparado polo Concello  de Soutomaior para as Festas de Nadal  iniciarase o martes día 5 de decembro co encendido da iluminación do Nadal ás 7 da tarde na Alameda de Talo Río. Desde as 6 da tarde  o espectáculo “A bailar non Nadal” servirá de aperitivo ao encendido das luces do Nadal. Xogos musicais, cancións en directo, número de maxia, batalla de globos xigantes, etc. fará máis agradable a espera do aceso luminoso das rúas do Concello.

A programación do Nadal está composta  de distintas actividades tanto de carácter cultural , deportivo e lúdico para todos os públicos.

Desde os concertos da Banda e da Escola de música, o festival da solidariedade, concerto de habaneras, grupos folclóricos  e o concerto de corais son exemplos das actividades culturais.

No aspecto deportivo destaca o Festival de patinaxe no pavillón da Montesiña.

Como carácter lúdico pódense destacar “quedada..para ver unha peli”,” Nadal en familia”,” a gimkana do curioso” e distintas actividades de animación.

A entrega de premios do concurso de postais de nadal e a chegada e recepción aos Reis Magos completan esta programación do Concello de Soutomaior para este nadal.




Concellería de Cultura
Casa do Concello

Concerto de música tradicional “ Airiños da Peneda”

07-12-2017 / Cultura, Turismo e Patrimonio

Este domingo, día 10 de decembro a partir das 19,00 h., no Multiusos de Arcade terá lugar un concerto de música tradicional coa presenza da agrupación Airiños da Peneda que se formou a principios do ano 2006 . O seu repertorio compóñense de diversos temas populares por exemplo as tradicionais 'Ou burro dá tia Lola', 'Vos Meus Amores', ' Xota de...