Martes, 04 Agosto 2015 11:37

Soutomaior únese á Ruta do Viño Rias Baixas

Soutomaior únese á Ruta do Viño Rias Baixas para potenciar a súa gastronomía e turismo.

Durante o pasado ano a ruta enolóxica acolleu case 80.000 visitantes nas súas adegas.

O Concello de Soutomaior xa forma parte da Ruta do Viño Rías Baixas despois de que o alcalde, Agustín Reguera, asinase a semana pasada o convenio para formar parte desta asociación, xunto ao presidente da ruta, Juan Gil de Araujo.Con esta unión, o Concello de Soutomaior pretender potenciar a súa grande oferta gastronómica e patrimonial e obter así unha nova canle de comercialización a través das accións que leve a cabo a Ruta do Viño, que só no ano 2014 recibiu 77.690 visitantes.

Tras a firma, ambas as dúas partes coincidiron en afirmar que a integración na ruta supón unha oportunidade para dar un salto cualitativo na oferta turística do municipio. "Estamos seguros que esta nova incorporación animará aos establecementos hostaleiros e de restauración a seguir enriquecendo a grande oferta enoturísticaque xa goza Soutomaior", afirmou o presidente da Ruta.




Concellería de Cultura
Casa do Concello

Concerto Folk do grupo TR3S POR C4TRO

23-02-2018 / Cultura, Turismo e Patrimonio

Multiusos de Arcade  domingo 25 de febreiro ás 19.00 h Tr3s por C4tro son un trío de música tradicional que a partir de armonías crocantes e melodías aromáticas construen músicas con cor, aroma e sabor xenuino Presentando o seu novo traballo “Melodias de Paco da Fonte e múscias de ultramar” teremos a fantástica oportunidade de degustar temas orixinais con sabor artesanal Carlos do...

Actividades Culturais

Programación Febreiro-Marzo 2018

Lun 05-Feb-2018 / Cultura, Turismo e Patrimonio

O Concello de Soutomaior pon en marcha as súas actividades para os meses de febreiro e marzo. Iniciáronse o pasado xoves día 1 na biblioteca municipal co espectáculo musical Radio BuleBule e a continuación este venres día 9 a partir das 16,30 horas na Alameda de Talo Río (en caso de mal tempo no Multiusos de Arcade) terá lugar o Festival...

LEER MÁIS

Desfile de Comparsas de Entroido Arcade

Lun 15-Xan-2018 / Carteis

BASES PARA O DESFILE DE COMPARSAS EN ARCADE- ANO 2018 1.- O Desfile de comparsas terá lugar o domingo 18 de febreiro de 2018 ás 17.00 horas. En caso de chuvia, celebrarase o seguinte domingo, 25 de febreiro. 2.- Requisitos dos participantes As comparsas deberán gardar unha unidade temática tanto no seu vestiario como na súa actuación. Non se considerarán como...

LEER MÁIS