Martes, 08 Agosto 2017 12:05

IV Festa da Familia

O CONCELLO DE SOUTOMAIOR CELEBRA MAÑÁ A  “IV FESTA DÁ FAMILIA”

Peirao de Arcade mércores 9 de Agosto a partir das 17,00 horas

A celebración contará con atraccións inchables, espectáculo de pompas de xabón xigantes e moitas actividades para nenos dende 1 a14 anos.

O Peirao de Arcade encherase mañá de xogos e actividades na IV Festa dá Familia organizada polo Concello de Soutomaior. Unha tarde na que non faltará a clásica festa da escuma para nenos e maiores, castelos inchables, atraccións mecánicas e acuáticas ademais de moita música.

A festa comezará a partir das 17:00 horas na chaira do Peirao de Arcade, onde se instalarán as atraccións inchables, como a de Harry Potter ,o acuarioa ou a táboa de surf. Ao seu lado, varias atraccións acuáticas axudarán a soportar mellor as altas temperaturas.  Os maiores ( 6 a 14 anos) contarán  cunha proposta específica para eles, o divertido xogo da varredora mecánica, onde terán que poñer a proba a súa astucia para librarse da caída.

Outra boa forma de refrescarse será a tradicional festa da escuma, sobre todo para os adultos que tamén poderán reunirse cos seus fillos debaixo do canón de burbullas para combater a calor.


Visto 1445 veces