Venres, 16 Xuño 2017 13:07

Noite de San Xoan 2017

Venres 23 de Xuño - Peirao de Arcade

O Concello de Soutomaior prepara unha noite especial para o San Xoan 2017

Comezará ás 22,30 h co desfile de “Errantes” desde a praria de Matilde ata o Peirao de Arcade.

Unha gaiola cun temido Orloc acompañada dun séquito de seres escuros que habitan os bosques conforman a posta en escena do espectáculo "Errantes", que Troula Animación poñerá en acción. Trece actores e especialistas interveñen na actuación, que conta con percusión, zancudos, traga lumes e dúas bailarinas que realizarán ao final unha danza con elementos pirotécnicos.

Animamos a maiores e pequenos acompañen este desfile ata o lugar onde se iniciará a fogueira.

Posteriormente  ás 00.00 horas terá lugar o encendido da fogueira acompañado dun espectáculo pirotécnico.

A noite de San Juan estará animada musicalmente coa charanga “Os encerellados”

Haberá postos de venda de sardiñas e churrasco




Concellería de Cultura
Casa do Concello

Grupo de Teatro Fonte da Tella "A fermosa Dorotea"

15-11-2017 / Cultura, Turismo e Patrimonio

O grupo de teatro Fonte da Tella pon en escena o vindeiro sábado día 18 ás 21,00 h. na Casa do Pobo do Val Sobral unha versión libre da obra “A fermosa Dorotea” de Miguel Mihura. A máxima aspiración de Dorotea, filla dun cacique rural é contraer matrimonio. Con todo, todos os seus intentos frústranse polas habladurías dos veciños que se...