Xoves, 09 Agosto 2018 13:58

Espectáculo infantil "Acuario"

Venres 10 de agosto ás 21,00 h. – Peirao de Arcade

"Acuario" é teatro baseado no libro de poemas de María Canosa que leva o mesmo título. O seu obxectivo é que a xente miúda da casa se achegue á poesía en lingua galega á vez que aprende os nomes dos peixes e descobre a riqueza biolóxica (e gastronómica) do noso litoral.

Todo isto faise dun xeito ameno e divertido grazas á presenza dos vistosos monicreques, dos actores que lle imprimen o humor e dinamismo á actividade, da música e dunha escenografía a "mar de atractiva".

Acuario é un conxunto de versos doados e musicais que en ningún momento esquecen o seu propósito didáctico: amosar a maxia do noso patrimonio lingüístico... e mariño.

Os xeniais Ghazafelhos unha vez máis serán quen, de que o mar, e os seus habitantes se acheguen a nos co humor delirante ó que nos teñen acostumadas.

 




Concellería de Cultura
Casa do Concello

Espectáculo : Vive o Camiño

20-08-2018 / Cultura, Turismo e Patrimonio

Silvia Penide e Celso Fernández Sanmartín “Celsiño” Alameda Talo Río - Mércores 22 de Agosto - 22,00 horas O Xacobeo organiza unha serie de espectáculos que van recorrer Galicia neste verán. O Concello de Soutomaior, contará cunha actuación musical e de contacontos a cargo de Silvia Penide e “Celsiño”. A primeira, amosaranos un percorrido cheo de historias tanto contadas como cantadas no que se...