Venres, 03 Agosto 2018 13:26

A Roda en Concerto

Campo de San Benito-Romariz (Soutomaior) – Martes 14 de Agosto ás  21,00 h.

A Roda conmemora 40 anos promovendo a música galega e en galego A formación A Roda naceu no ano 1977 dun grupo de amigos que se xuntaba ao redor dunha mesa, facendo a roda que lles dá nome. O primeiro traballo, homónimo, A Roda converteuse nun superventas e é aínda hoxe un dos clásicos da música galega; con el gañaron o favor do público e conseguiron o Premio da Crítica Galega.

A partir deste momento, centos de concertos, tanto en Galicia como fóra, nomeadamente na emigración, numerosos premios e dezasete discos máis avalan a traxectoria dun dos grupos en activo máis comprometidos coa lingua galega.

 




Concellería de Cultura
Casa do Concello

Espectáculo : Vive o Camiño

20-08-2018 / Cultura, Turismo e Patrimonio

Silvia Penide e Celso Fernández Sanmartín “Celsiño” Alameda Talo Río - Mércores 22 de Agosto - 22,00 horas O Xacobeo organiza unha serie de espectáculos que van recorrer Galicia neste verán. O Concello de Soutomaior, contará cunha actuación musical e de contacontos a cargo de Silvia Penide e “Celsiño”. A primeira, amosaranos un percorrido cheo de historias tanto contadas como cantadas no que se...