Adoito ir sempre   ó meu ritmo
Adoito ir sempre ó meu ritmo
Agustín Reguera alcalde do concello de Soutomaior formou parte da IV Carreira Popular da Ostra, para Reguera era a súa segunda participación xa que na edición anterior lanzouse a competir. O que máis salienta Agustín é a boa participación da xente e sobre todo as vistas espectaculares do evento, aínda que lle gusta saír nos postos finais dos corredores asegura que o importante á rematala. O tempo de Reguera foi de 33:34.07 a un ritmo de carreira de 6:20 o kilómero .
A Universidade da Beira Interior crea o primeiro biobanco integral do mundo
A Universidade da Beira Interior crea o primeiro biobanco integral do mundo
A Universidade da Beira Interior en Portugal, crea o primeiro biobanco integral do mundo. Isto significa que poderá almacenar mostras ambientais e non só humanas e animais. O proxecto, que terá importantes consecuencias na prevención de enfermidades, está liderado por un investigador galego. Ignacio Verde leva 16 anos en Covilha, na Universidade da Beira Interior. Despois de traballar nos Estados Unidos e en Francia, este investigador de Arcade acaba de poñer en marcha o primeiro biobanco integral a nivel mundial. Estamos a falar dun banco con mostras biolóxicas humanas e animais, pero tamén analizará mostras ambientais que inflúen na nosa saúde. As mostras conxélanse a temperaturas entre os catro e os 180 graos baixo cero. O banco biolóxico servirá para establecer novas terapias e métodos de diagnose.