Exposición fotográfica “Éxodus, na procura do refuxio
Exposición fotográfica “Éxodus, na procura do refuxio
Despois de pasar por diferentes localidades galegas, o Multiusos de Arcade acolle desde esta mañá a mostra fotográfica “Éxodus, na procura do refuxio”, dos fotógrafos vigueses Felipe Carnotto e Adrián Irago. A colección inaugurouse onte coa participación do alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, a edil de Igualdade, Cristina González, e os deputados provinciais Digna Rivas e Javier Dios. A mostra recolle unha selección de fotografías realizadas entre os meses de setembro e outubro de 2015 coa que os autores documentan as vivencias dos refuxiados que foxen de diferentes conflitos bélicos e tentan chegar á illa de Lesbos para atravesar despois os Balcáns e buscar un novo fogar en Europa. A exposición poderase visitar ata o 10 de maio no horario habitual do edificio Multiusos de Arcade
Mulleres de Sal (2/4)
Mulleres de Sal (2/4)
Mulleres de Sal é una reportaxe documental que conta como é a vidas de varias mulleres relacionadas co mar, este proxecto foi levado adiante pola concellería de Igualdade do concello de Soutomaior en relación cos actos do día Internacional da Muller. Mariscadoras e peixeiras todas elas do concello de Soutomaior forman parte o fío condutor desta reportaxe. Mulleres de Sal é unha homenaxe a todas aquelas mulleres traballadoras en especial as que están vinculadas ó mar.
Mulleres de Sal (3/4)
Mulleres de Sal (3/4)
Mulleres de Sal é una reportaxe documental que conta como é a vidas de varias mulleres relacionadas co mar, este proxecto foi levado adiante pola concellería de Igualdade do concello de Soutomaior en relación cos actos do día Internacional da Muller. Mariscadoras e peixeiras todas elas do concello de Soutomaior forman parte o fío condutor desta reportaxe. Mulleres de Sal é unha homenaxe a todas aquelas mulleres traballadoras en especial as que están vinculadas ó mar.
Mulleres de Sal (1/4)
Mulleres de Sal (1/4)
Mulleres de Sal é una reportaxe documental que conta como é a vidas de varias mulleres relacionadas co mar, este proxecto foi levado adiante pola concellería de Igualdade do concello de Soutomaior en relación cos actos do día Internacional da Muller. Mariscadoras e peixeiras todas elas do concello de Soutomaior forman parte o fío condutor desta reportaxe. Mulleres de Sal é unha homenaxe a todas aquelas mulleres traballadoras en especial as que están vinculadas ó mar.
Soutomaior disfrutou da súa Festa da Ostra (1/2)
Soutomaior disfrutou da súa Festa da Ostra (1/2)
Nun día espléndido de sol milleiros de persoas se achegaron ata a carpa situada no peirao de Arcade para degustar o apreciado tesouro no que o Concello de Soutomaior lle rende a súa mellor homenaxe a Festa da Ostra . Dende primeiras horas da mañá a afluencia xa comezaba a ser masiva. Soutomaior foi o epicentro gastronómico de Galicia e foron moitos os foráneos que acudiron un ano máis á cita . Agustín Reguera alcalde de Soutomaior deixaba ben claro que a Festa da Ostra é do máis salientable para o Concello sen desmerecer outras festas da Vila. Un dos puntos máis esperados foi a intervención do actor galego Luís Zahera que sobre a unha do medio día facía acto de presencia para renderlle homenaxe a Festa. Non só a ostra tivo o seu día forte, as ameixas, e anguías da confraría de pescadores de Arcade cumprían as mil marabillas a súa estrea dentro da tradicional Festa da Ostra.
Soutomaior disfrutou da súa Festa da Ostra (final)
Soutomaior disfrutou da súa Festa da Ostra (final)
Nun día espléndido de sol milleiros de persoas se achegaron ata a carpa situada no peirao de Arcade para degustar o apreciado tesouro no que o Concello de Soutomaior lle rende a súa mellor homenaxe a Festa da Ostra . Dende primeiras horas da mañá a afluencia xa comezaba a ser masiva. Soutomaior foi o epicentro gastronómico de Galicia e foron moitos os foráneos que acudiron un ano máis á cita . Agustín Reguera alcalde de Soutomaior deixaba ben claro que a Festa da Ostra é do máis salientable para o Concello sen desmerecer outras festas da Vila. Un dos puntos máis esperados foi a intervención do actor galego Luís Zahera que sobre a unha do medio día facía acto de presencia para renderlle homenaxe a Festa. Non só a ostra tivo o seu día forte, as ameixas, e anguías da confraría de pescadores de Arcade cumprían as mil marabillas a súa estrea dentro da tradicional Festa da Ostra
Arcade saborea as mellores ostras da ría
Arcade saborea as mellores ostras da ría
Na festa da ostra en Arcade haberá 100.000 unidades para degustar nos dous días que dura a festa. Poden probarse en cru, escabeche ou empanada. Este ano, como novidade, tamén hai ameixas e chocos. Agárdase que se acheguen ata Arcade 30.000 visitantes ao longo de toda a fin de semana.
Pleno ordinario mes de marzo
Pleno ordinario mes de marzo
O concello de Soutomaior celebro o pleno ordinario pertencente ó mes de marzo, nel tratáronse varios puntos relacionados co concello da Vila.
Soutomaior celebra esta semana a XXXI Festa da Ostra
Soutomaior celebra esta semana a XXXI Festa da Ostra
O Concello de Soutomaior presentou esta mañá a XXXI edición da Festa da Ostra que se celebrará en Arcade os días 1 e 2 de abril. Nas instalacións do Obradoiro de Hostaleria “Verdugo” onde 20 veciños e veciñas do Concello de Soutomaior reciben formación de emprego e que conta con dúas especialidades : a de operacións básicas de cociña e servizos de restaurante e bar, o Alcalde de Soutomaior Agustín Reguera e a Concelleira de Turismo Dolores Cernadas xunto coa Patroa Maior da Confraría de Arcade Rita Miguez e o escultor Marcos Mariño, presentaron esta edición da Festa da Ostra que este ano como maior novidade inclúese a de “produtos da nosa lonxa” (ameixas, anguía,etc) que acompañarán ás tradicionais ostras ao natural, en escabeche, empanada de ostras, etc. O prezo das ostras ao natural será a ducia a 7 € e a empanada de ostras e as ostras en escabeche a ración será a 6 €. O viño ribeiro a 4 € e o albariño de Soutomaior a 8 €. Os actos festivos iniciaranse o sábado día 1 ás 11,00 horas cunha exhibición en talla de madeira con moto serra de Marcos Mariño, ás 12,00 a apertura das casetas de venda de ostras todo iso amenizado coa char...
Rita Míguez e Marcos Mariño principais novidades da XXXI Festa da Ostra
Rita Míguez e Marcos Mariño principais novidades da XXXI Festa da Ostra
Rita Míguez é a Patrona Maior da Confraría de Arcade e estivo presente na inauguración da XXXI Festa da Ostra xunto ó escultor Local Marcos Mariño. como novidade ambos participarán na Festa cada un no seu apartado por parte da Patrona Maior haberá “produtos da nosa lonxa” (ameixas, anguía,etc) que acompañarán ás tradicionais ostras ao natural, en escabeche, empanada de ostras, etc. Por parte do artista Marcos Mariño estará dende a mañá do sábado traballando dende primeira hora nun tronco de madeira co fin de darlle a forma dunha muller cunha patela de marisco.
Os actos darán comezo ás 11h do sábado dia1
Os actos darán comezo ás 11h do sábado dia1
Dolores Cernadas Concelleira de Cultura do Concello de Soutomaior explicou na presentación da XXXI Festa da Ostra en que consistirán os actos . Iniciaranse o sábado día 1 ás 11,00 horas cunha exhibición en talla de madeira con moto serra de Marcos Mariño, ás 12,00 a apertura das casetas de venda de ostras todo iso amenizado coa charanga “a cabeza non para”. Ás 22,00 horas poñerase en marcha a verbena popular coas orquestras Xacobeo e Paris de Noia. No intermedio da verbena, ás 24,00 horas, haberá unha tirada de fogos artificiais. O domingo 2 as casetas das ostras abriranse ás 10,00 horas e ás 11,00 h. as bandas de música Artística de Arcade e Banda de música Cultural de Arcade ofrecerán as súas tradicionais pasarrúas. Ás 13,00 horas terá lugar o pregón da festa a cargo do actor e humorista galego Luís Zahera en cuxo currículo aparecen, entre outras, as series Mareas Vivas, O Comisario, Hospital Central ou as películas Cedla 211, 23-F a película, Que Dios nos perdone, etc. sendo nomeado como mellor actor de repartición en varias edicións dos premios Mestre Mateo e mellor actor noutros festivais e mostras de cinema.
IV Carreira Popular da Ostra Arcade-Soutomaior
IV Carreira Popular da Ostra Arcade-Soutomaior
A IV Carreira Popular da Ostra Arcade-Soutomaior reuniu onte na contorna do peirao de Arcade a dous centenares de atletas de todas as idades, que deron boa conta das diferentes probas por idades nunha mañá fría na que a choiva respectou aos participantes. A carreira reina disputouse sobre un percorrido de 5,8 quilómetros e coroou como gañadores a Manuel Lorenzo (19:11.34) e a Vanesa Insaurralde (25:16.07). Os podios completáronos Jorge Janeiro (19:15.78) e Diego Pereiro (19:20.65) e Mari Carmen Ventoso (26:15.81) e Ale Alonso (26:27.84). O Concello de Soutomaior quere agradecer aos voluntarios, policía local de Soutomaior, Motoclub Os Pejos e Club Ciclista Arcade a súa colaboración e facer posible que a IV Carreira Popular da Ostra disputásese sen incidencia algunha. Os resultados da carreira e os tempos de cada participante pódense consultar en www.cronotec.es/resultados.html.