Noite de lume e espectáculo en Arcade
Noite de lume e espectáculo en Arcade
O Concello de Soutomaior prepara unha noite especial para o San Xoan 2017 o acto comezará ás 22,30 h co desfile de “Errantes” dende a praria de Matilde ata o Peirao de Arcade. Unha gaiola cun temido Orloc acompañada dun séquito de seres escuros que habitan os bosques conforman a posta en escena do espectáculo "Errantes", que Troula Animación poñerá en acción. Trece actores e especialistas interveñen na actuación, que conta con percusión, zancudos, traga lumes e dúas bailarinas que realizarán ao final unha danza con elementos pirotécnicos. Dolores Cernadas concelleira de cultura anima a maiores e pequenos a que acompañen este desfile ata o lugar onde se iniciará a fogueira. Posteriormente ás 00.00 horas terá lugar o encendido da fogueira acompañado dun espectáculo pirotécnico. A noite de San Juan estará animada musicalmente coa charanga “Os encerellados” Haberá postos de venda de sardiñas e churrasco
Apiques de comezar as
Apiques de comezar as "Actividades de Verán "
Un ano máis, o Concello de Soutomaior pon en marcha o seu programa de actividades de verán. Unha programación que comprende todo o mes de xullo e que finalizará coa celebración do tradicional Festival de Clausura no Peirao de Arcade. Desde o concello espérase que participen ao redor de 350 nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 15 anos. O alcalde, Agustín Reguera, falounos sobre as actividades desta iniciativa municipal, como vela, esquí, talleres e xogos, haberá alternativas como o "ciencia en movemento", “proba de orientación urbana”, saídas ao parque acuático a ecogranxa escola, etc. Ademais, a tradicional acampada terá lugar os días 21, 22 e 23 de xullo, a Festa da Bicicleta o sábado 15 e o Festival de Clausura, onde se proxectará o vídeo das actividades, o día 29. As Escolas Deportivas de Verán (xullo e agosto) ofertan para os máis pequenos, patinaxe, tenis, pádel, ximnasia, iniciación ao trampolín e ao kick-boxing. O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, destacou o esforzo que desde o goberno local está a realizarse a nivel loxístico e económico, para que estas actividades “nas que participan gran parte dos nenos de Soutomaior, s...
Soutonews unha actividade pioneira en Soutomaior
Soutonews unha actividade pioneira en Soutomaior
Soutonews finalizou o curso este venres 9 de xuño. Este proxecto de inmesión lingüística en inglés comezou no mes de marzo e vai dirixida a mozos e mozas de 12 a 17 anos. Durante estes meses os/as participantes estiveron realizando actividades moi diversas para prácticar o inglés: elección de temas para a elaboración dos magazines mensuais, procura de novas para realizar debates, entrevistas, elaboración de artigos, dinámicas e xogos, etc. A metodoloxía deste proxecto é moi interactiva e dinámica, trátase de practicar o inglés pero dun xeito lúdico e práctico por iso cada mes o resultado é un número deste magazine xuvenil onte os mozos e mozas expoñen temas de interese para eles e elas sobre os que previamente realizan unha pequena investigación guiada pola súa mestra. Ademais, tamén se practican outras habilidades e destrezas como falar con público, traballar en grupo, ser máis creativos/as, etc. e tamén responsabilidade, reparto de funcións, empatía, etc. Cada mes escollen que rol van a ocupar na presentación do seguinte número e así teñen a oportunidade de ser reporteiros/as, presentadores/as e actores e actrices. Neste número fálase de: lec...
Unha experiencia moi novidosa
Unha experiencia moi novidosa
"Unha experiencia moi novidosa " é como describe a mestra Kristhel Seoane o programa lingüístico que a concellería de Xuventude mediante a Omix puxeron en marcha hai uns meses. Un proxecto como este fai que os alumnos cheguen a clase moi motivados xa que son eles mesmos os que poñen os temas a tratar na clase. Unha iniciativa lúdica pero sobre todo dinámica que fai que os alumnos e alumnas aprendas o idioma dunha forma distinta as tradicionais. Soutonews comezou con boas expectativas sobre todo por parte do alumnado xa que non sabían o que se ían a atopar, co paso das semanas converteuse nunha forma moi atractiva de aprender o inglés. "Gustaríame poder seguir con este método de traballo xa que o resultado final foi moi satisfactorio" comenta a mestra Kristhel
Soutonews unha forma distinta de aprender inglés
Soutonews unha forma distinta de aprender inglés
Soutonews finalizou o curso este venres 9 de xuño. Este proxecto de inmesión lingüística en inglés comezou no mes de marzo e vai dirixida a mozos e mozas de 12 a 17 anos. Durante estes meses os/as participantes estiveron realizando actividades moi diversas para prácticar o inglés: elección de temas para a elaboración dos magazines mensuais, procura de novas para realizar debates, entrevistas, elaboración de artigos, dinámicas e xogos, etc. A metodoloxía deste proxecto é moi interactiva e dinámica, trátase de practicar o inglés pero dun xeito lúdico e práctico por iso cada mes o resultado é un número deste magazine xuvenil onte os mozos e mozas expoñen temas de interese para eles e elas sobre os que previamente realizan unha pequena investigación guiada pola súa mestra. Ademais, tamén se practican outras habilidades e destrezas como falar con público, traballar en grupo, ser máis creativos/as, etc. e tamén responsabilidade, reparto de funcións, empatía, etc. Cada mes escollen que rol van a ocupar na presentación do seguinte número e así teñen a oportunidade de ser reporteiros/as, presentadores/as e actores e actrices.
Soutomaior triunfa na Ximnasia Rítmica
Soutomaior triunfa na Ximnasia Rítmica
O Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, recibiu na casa do Concello ás xovenes ximnastas locais Aldara, Rita, Antia e Rosalia, acompañadas das súas adestradoras Julia e Susana, polos seus éxitos no Campionato de España e entregoulles un obsequio en agradecemento aos seus triunfos e felicitounas polo seu traballo, esforzo e dedicación nun deporte tan duro e esixente como é a ximnasia. No campionato de España celebrado en Guadalajara, Aldara Cabaleiro proclamouse campiona de España Alevín na modalidade parella feminina, Rita Lorenzo tamén subiu ao alto do podio na categoría cadete parella mixta e por último Antia Soñora e Rosalia Lorenzo foron subcampionas na categoría alevín en trio feminino. Estas deportistas iniciaron a súa aprendizaxe nas Escolas Deportivas de Ximnasia Rítmica do Concello de Soutomaior como paso inicial para despois encadrarse dentro dun club e seguir competindo a maior nivel que é o obxectivo das Escolas Deportivas Municipais. Parabén a todas elas ás súas adestradoras e ao Club Treboada de Ximnasia que é o encargado de supervisar a iniciación de deportistas nas Escolas Deportivas de Soutomaior.
Coñecer o Castelo de Soutomaior este verán será aínda máis emocionante
Coñecer o Castelo de Soutomaior este verán será aínda máis emocionante
Este verán coñecer o Castelo de Soutomaior vai ser máis divertido para os pequenos da casa porque acaba de comezar un programa de visitas teatralizadas que percorre o recinto medieval. Ata finais do vindeiro mes de setembro, dúas funcións semanais darán a coñecer a historia da fortaleza e dos seus ilustres habitantes. Da man do trobador e da bufona comeza o paseo que leva ao público a percorrer as estancias do castelo de Soutomaior en que viviron Pedro Madruga, os Marqueses da Vega e María Vinyals, precursora do feminismo. Grazas ás pistas que aportan as visións do cociñeiro do castelo, os visitantes axudan a rescatar un cabaleiro preso. Cancións, xogos e animacións engaden emoción ao percorrido polo monumento histórico. A dramatización vaise representar cada luns e xoves ata finais do vindeiro mes de setembro e as entradas poden adquirirse a través da Internet.
Pleno extraordinario en favor da Sanidade Pública
Pleno extraordinario en favor da Sanidade Pública
O B.N.G de Soutomaior presentou a semana pasada unha moción en defensa da Sanidade Pública a cal os nacionalista pedían que se dotara os servizos médicos do Concello de Soutomaior con máis sanitarios. Na moción presentada instaban á Xunta de Galicia en concreto co Conselleiro de Sanidade o señor Jesús Vázquez Almuíña a que se reunira cos responsables dos distintos partidos políticos do Concello para que escoite de primeira man as deficiencias do servizo de sanidade do municipio.
Pleno Ordinario mes de maio
Pleno Ordinario mes de maio
O Concello de Soutomaior celebrou a pasada semana o pleno Ordinario pertencente ó mes de maio, no pleno abordáronse varios temas entre eles acondicionar o multiusos de Arcade para unha mellora das instalacións outro dos puntos que se trataron foi adoptar certas medidas de seguridade en diversas estradas da Vila.
" Da gusto ver a tantos rapaces e rapazas participando"
Agustín Reguera alcalde de Soutomaior e Noelía Ocampo concelleira de Xuventude estiveron presentes na entrega de agasallos do X concurso Verbas para Comunicar, un concurso que xa está máis que consolidado entre a mocidade dos colexios do Manuel Padín Truiteiro e o Santiago Apóstol. Verbas para Comunicar organízase polo día das Letras Galegas. Este concurso que nace co fin de promover o uso da nosa lingua entre a xente nova tanto en contextos formais como informais vai xa pola súa décima edición. Para o alcalde de Soutomaior comentou que " é un gusto ver participar a tantos rapaces e rapazas" neste X ano participaron un total de 276 persoas repartidas entre as categorías A e B nas modalidades de redacción e audiovisua. Para a concelleira de Xuventude Noelía Ocampo este concurso e xa unha cita obrigada dentro da súa concellería .
Entrega de premios do certame
Entrega de premios do certame " Verbas para Comunicar"
O Alcalde, Agustin Reguera, e a Concelleira de Xuventude, Noelia Ocampo, entregaron este venres 19 de maio os premios do Concurso Verbas para Comunicar organizado polo día das Letras Galegas. Este concurso que nace co fin de promover o uso da nosa lingua entre a xente nova tanto en contextos formais como informais vai xa pola súa décima edición. Asistiron a esta gala arredor de 450 escolares en idades comprendidas entre os 12 e 20 anos matriculados no Colexio Padin truiteiro e no Colexio Santiago Apostol. A participación no concurso foi alta, participaron en total 276 persoas repartidas entre as categorías A e B nas modalidades de redacción e audiovisual. Por primeira vez, este ano, as bases contemplaban unha modalidade audiovisual que agardamos teña moito éxito para vindeiras edicións pois este formato vai moi ligado ás canles de comunicación máis usadas pola mocidade e cremos pode ser un instrumento de difusión de moita utilidade para que a nosa lingua chegue cada vez a máis xente. A Gala estivo presentada por dous actores que usando o recurso da improvisación teatral amenizaron este acto e convidaron aos rapaces e rapazas a participar no guión. Os nomes da...
Soutomaior aproba os orzamentos para o ano 2017 nun 7,5% superior ó do 2016
Soutomaior aproba os orzamentos para o ano 2017 nun 7,5% superior ó do 2016
O Goberno local do Concello de Soutomaior aprobou no pleno realizado esta semana os orzamentos para o ano 2017. A estimación de ingresos ascende a 4,3 millóns de euros, 300.000 euros máis que o ano anterior, o que supón un crecemento do 7,5 % con respecto ao exercicio pasado. O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, definiu estes novos orzamentos como “realistas e baseados na eficiencia na xestión. Aseguramos o mantemento de todos os servizos, melloramos as máis importantes e todo iso mentres mantemos a política de Débeda 0 e a conxelación de taxas municipais por quinto ano consecutivo”. A previsión para este ano contempla un aumento xeneralizado en case todas as partidas, destacando especialmente as dedicadas á promoción de actividades culturais e de mocidade, que ascenden un 30 e un 45% respectivamente. As áreas de Educación, Igualdade, Servizos Sociais verán como a súa asignación aumenta este ano,o que repercutirá nunha mellora directa ao servizo aos veciños, O aumento de horas de atención en servizos como o Centro de Información á Muller de Arcade, un servizo que realiza un labor impagable axudando e apoiando a mulleres de case toda a comarca. O...