A horta ecolóxica comeza a dar os seus froitos.
A horta ecolóxica comeza a dar os seus froitos.
O Concello de Soutomaior puso en marcha un proxecto chamado "Escola Municipal de Horta urbana ecolóxica". Este proxecto de educación e sensibilización medioambiental que implica a varias Concellerías baséase no respecto profundo á natureza e ós seus diferentes ecosistemas, procurando un cultivo racional con medios naturais que conserven as características do chan e o enriquezan ano tras ano; por iso, utilizaremos técnicas agrícolas respetuosas co medio Ambiente que recollan o saber tradicional e a biodinámica. A Escola Horta comezou cun curso de iniciación á agricultura ecolóxica que se desenvolveu en marzo durante o cal o alumnado deseñou os bancais para laboreo, acolchado, plantación de horta de tempada para logo traballar aromáticas, recoñecemento de pragas, etc. É un proxecto aberto coa condición de estar empadroados/as en Soutomaior, ter a idade mínima para ser titular dunha parcela/horta e as condicións óptimas para desenvolver da labor agrícola A cesión das parcelas nesta Escola Municipal de Horta Urbana Ecolóxica concíbese como unha actividade de interese xeral de balde que favorece o medio ambiente da vila e a recuperación da “cultura d...
Deixei gustosamente moito tempo da miña vida na Asociación
Deixei gustosamente moito tempo da miña vida na Asociación
Jose Manuel Sotelino foi un dos primeiros alumnos en formar parte do colexio Santiago Apóstol de Soutomaior, concretamente no ano 1976, daquela o centro estaba no centro de Arcade e apenas tiña alumnos, eran uns tempo nos que o Centro de educación comezaba a súa andadura. Sotelino lembra tamén os comezos das obras no que hoxe en día está situado o Centro xa que a casa dos seus avós estaba moi preto da zona e á hora de ir xogar como calquera cativo vía as máquinas traballar. Co paso do tempo casou e tivo unha filla que tamén seguiu os seus pasos no Santiago Apóstol, co paso do tempo foi elixido como presidente da APA, cargo que rexeu ata este ano, xa que foi no 2017 cando pon fin a súa carreira como presidente. Sotelino deixa a Asociación de Pais o seu predecesor pero non sen antes darlle un consello. "Nos momentos difíciles hai que coller aire e respirar, e as veces contar ata dez". Jose Manuel Sotelino pon fin a unha época na que deixou gustosamente gran parte da súa vida.
Os nenos e neas disfrutan moito das actividades
Os nenos e neas disfrutan moito das actividades
O concello de Soutomaior leva dende o ano 1999 organizando as actividades de verán para todos aqueles nenos e nenas empadroados no Concello, unhas actividades moi demandadas polos pais xa que permite que os seus fillos disfruten dunha morea de actividades tanto na Vila como nas saídas a fora. Un mes repleto de actividades tanto de mañá como de tarde onde o ocio e a cultura forman parte deste proxecto, coma todos os anos o concello de Soutomaior planifica ao detalle xunto aos monitores especializados cales serán as actividades que máis se axeite a cada grupo. Para o alcalde de Soutomaior Agustín Reguera estas actividades son do máis importante a organizar xa que o mesmo Concello e o responsable total dos nenos e nenas que se inscriben a el, Reguera tamén asegura que os cativos están nas mellores mans á hora da responsabilidade.
A nostalxia de ir lavar (final)
A nostalxia de ir lavar (final)
O oficio das lavandeiras forma parte do noso imaxinario colectivo. As mulleres á beira do río, de xeonllos, fregando a roupa tecen unha estampa que se repetiu ao longo da nosa historia. Ao seu redor, as lendas e os contos arredor deste grupo de mulleres sucédense ao longo da nosa xeografía, tanto física como identitaria. A Concellería de Igualdade adicoulle este ano dentro dos actos do día da muller a todas aquelas mulleres que empregaron os lavadoiros como hábito de vida á hora de ir lavar . Este proxecto documental recolle testemúñoos de mulleres da vila de Soutomaior que precisaron nalgún momento das súa vidas botar man deste duro e hoxe en día case desaparecido método de limpeza da roupa.
A nostalxia de ir lavar (cap1/2)
A nostalxia de ir lavar (cap1/2)
O oficio das lavandeiras forma parte do noso imaxinario colectivo. As mulleres á beira do río, de xeonllos, fregando a roupa tecen unha estampa que se repetiu ao longo da nosa historia. Ao seu redor, as lendas e os contos arredor deste grupo de mulleres sucédense ao longo da nosa xeografía, tanto física como identitaria. A Concellería da Muller adicoulle este ano dentro dos actos do día da muller a todas aquelas mulleres que empregaron os lavadoiros como hábito de vida á hora de ir lavar . Este proxecto documental recolle testemúñoos de mulleres da vila de Soutomaior que precisaron nalgún momento das súa vidas botar man deste duro e hoxe en día case desaparecido método de limpeza da roupa.
"Non des a esquecemento" de Luís Bará
A obra presta especial atención á represión na área de Vigo e arredor da illa de San Simón. O libro recolle episodios da represión en Vilaboa, concello natal de Luís Bará; relatos de mulleres represaliadas; una crónica "Fragmentaria" do terror vivido en San Simón ; unha homenaxe ás casas refuxio que acolleron persoas fuxidas; xunto con outras historias acontecidas en terras de Pontevedra, o Morrazo, Vigo ou o Salnés O libro é unha compilación dos artigos publicados no blog Non des a esquecemento ao longo de case tres anos, desde comezos de 2014 a setembro de 2016. Relatos do xenocidio fascista en Galicia, da resistencia e da solidariedade que segundo afirma Bará son "a resposta a unha necesidade vital: a procura da verdade e da xustiza arredor das vítima da represión franquista en Galicia, a vontade de contar o que pasou nun relato emocional, subxectivo, belixerante, impregnado da memoria oral, receoso dos informes oficiais e afastado tamén da neutralidade e da distancia de moitos estudos académicos".
Detido un veciño de Soutomaior por maltratar animais
Detido un veciño de Soutomaior por maltratar animais
Un veciño de Soutomaior foi detido por un suposto delito de malos tratos continuados a animais debido ao estado dos 15 cans que se atopaban nunha leira da súa propiedade. A maior parte dos cans presentaban "feridas sanguentas, problemas de pel e evidentes signos de desnutrición". Nunha das estancias da casa apareceu un can "totalmente desnutrido, que falecera recentemente", e nunha caseta contigua localizáronse os cadáveres doutros dous animais "en proceso de descomposición".
Pleno extraordinario mes de xuño.
Pleno extraordinario mes de xuño.
O concello de Soutomaior celebrou o luns o pleno extraordinario correspondente ó mes de xullo, no pleno tratouse a aprobación do orzamento xeral do exercicio 2017 tamén houbo modificación do regulamento de venta ambulante.
Os malos espíritos foron queimados en Arcade
Os malos espíritos foron queimados en Arcade
A noite de San Xoán adoita ser a noite máis longa do ano unha noite no que o lume e as herbas aromáticas son os verdadeiros protagonista. Sobre as 22:30 h partía dende a praia de Matilde ata o Peirao de Arcade o desfile no que o grupo de animación Troula denominou como “Errantes”. Unha gaiola cun temido Orloc acompañada dun séquito de seres escuros que habitan os bosques conformaron a posta en escena do espectáculo, que era seguindo por centos de persoas que se foron achegando así como ía acercándose ó peirao. Unha vez chegados o lugar da fogueira milleiros de persoas esperaban impacientes o espectáculo de pirotecnia e o acendido da fogueira. Xa rematado o lume os asistentes ó acto desgustaron as tradicionais xardiñas de San Xoán, para os menos apetitosos ao peixe o churrasco era a outra opción. Soutomaior (Arcade) tremeu ao son dos tambores de Troula para finalmente rematar á expendida noite de calor cuns fogos de artificio.
Noite de lume e espectáculo en Arcade
Noite de lume e espectáculo en Arcade
O Concello de Soutomaior prepara unha noite especial para o San Xoan 2017 o acto comezará ás 22,30 h co desfile de “Errantes” dende a praria de Matilde ata o Peirao de Arcade. Unha gaiola cun temido Orloc acompañada dun séquito de seres escuros que habitan os bosques conforman a posta en escena do espectáculo "Errantes", que Troula Animación poñerá en acción. Trece actores e especialistas interveñen na actuación, que conta con percusión, zancudos, traga lumes e dúas bailarinas que realizarán ao final unha danza con elementos pirotécnicos. Dolores Cernadas concelleira de cultura anima a maiores e pequenos a que acompañen este desfile ata o lugar onde se iniciará a fogueira. Posteriormente ás 00.00 horas terá lugar o encendido da fogueira acompañado dun espectáculo pirotécnico. A noite de San Juan estará animada musicalmente coa charanga “Os encerellados” Haberá postos de venda de sardiñas e churrasco
Apiques de comezar as
Apiques de comezar as "Actividades de Verán "
Un ano máis, o Concello de Soutomaior pon en marcha o seu programa de actividades de verán. Unha programación que comprende todo o mes de xullo e que finalizará coa celebración do tradicional Festival de Clausura no Peirao de Arcade. Desde o concello espérase que participen ao redor de 350 nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 15 anos. O alcalde, Agustín Reguera, falounos sobre as actividades desta iniciativa municipal, como vela, esquí, talleres e xogos, haberá alternativas como o "ciencia en movemento", “proba de orientación urbana”, saídas ao parque acuático a ecogranxa escola, etc. Ademais, a tradicional acampada terá lugar os días 21, 22 e 23 de xullo, a Festa da Bicicleta o sábado 15 e o Festival de Clausura, onde se proxectará o vídeo das actividades, o día 29. As Escolas Deportivas de Verán (xullo e agosto) ofertan para os máis pequenos, patinaxe, tenis, pádel, ximnasia, iniciación ao trampolín e ao kick-boxing. O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, destacou o esforzo que desde o goberno local está a realizarse a nivel loxístico e económico, para que estas actividades “nas que participan gran parte dos nenos de Soutomaior, s...
Soutonews unha actividade pioneira en Soutomaior
Soutonews unha actividade pioneira en Soutomaior
Soutonews finalizou o curso este venres 9 de xuño. Este proxecto de inmesión lingüística en inglés comezou no mes de marzo e vai dirixida a mozos e mozas de 12 a 17 anos. Durante estes meses os/as participantes estiveron realizando actividades moi diversas para prácticar o inglés: elección de temas para a elaboración dos magazines mensuais, procura de novas para realizar debates, entrevistas, elaboración de artigos, dinámicas e xogos, etc. A metodoloxía deste proxecto é moi interactiva e dinámica, trátase de practicar o inglés pero dun xeito lúdico e práctico por iso cada mes o resultado é un número deste magazine xuvenil onte os mozos e mozas expoñen temas de interese para eles e elas sobre os que previamente realizan unha pequena investigación guiada pola súa mestra. Ademais, tamén se practican outras habilidades e destrezas como falar con público, traballar en grupo, ser máis creativos/as, etc. e tamén responsabilidade, reparto de funcións, empatía, etc. Cada mes escollen que rol van a ocupar na presentación do seguinte número e así teñen a oportunidade de ser reporteiros/as, presentadores/as e actores e actrices. Neste número fálase de: lec...