Venres, 11 Setembro 2015 13:11

Escolas Deportivas 2015-2016

Escolas Deportivas Concello de Soutomaior 2015-2016

Desde o luns 7 até o luns 21 de setembro están abertas as inscricións para as Escolas Deportivas Municipais do Concello de Soutomaior.

Dentro da primeira semana xa foron máis de 200 participantes (tanto en categorías infantil e adultos) que realizaron a súa inscrición dentro das distintas modalidades deportivas.

Para adultos ofértanse prazas en pádel e tenis, Actividade Física, Zumba, Kangoo Power e natación preventiva que inclúe o transporte en autobús. Para os máis novos ofértanse os seguintes cursos: - Iniciación ao deporte - Tenis e PADEL infantil - Baile moderno e de salón - Multideporte - Ximnasia rítmica e ximnasia acrobática - Patinaxe - Natación infantil (inclúe transporte en autobús)

O inicio das actividades está previsto para o luns 5 de outubro data en que se iniciará tamén a liga local de futbol sala.

Para as Escolas Deportivas as prazas están limitadas por actividade existindo un máximo e un mínimo por actividade e grupo.

Para inscribirse e pedir información no Pavillón A Montesiña no horario de 18,30 a 23,00 horas(Telf.986 700964)

Para que todo estea disposto para a data de inicio das escolas deportivas, esta semana próxima iniciarase na pista do pavillón a obra de reparación das xuntas de dilatación (danadas pola uso continuado da instalación) e o novo pintado da cancha de xogo.

Así mesmo porase en marcha a reparación e o novo pintado da cancha de xogo.

Tamén porase en marcha a reparación e novo pintado da pista de tenis. O obxectivo destas obras é as de reparar e adecuar as instalacións deportivas municipais para que se poidan desenvolver as actividades dunha maneira optima.

Estas dúas obras están financiadas pola vicepresidencia da Xunta cos fondos Feader



Escolas Deportivas Municipais
Pavillón Municipal "A Montesiña"

Escola de Baloncesto

26-10-2017 / Escolas Deportivas Municipais

O Concello de Soutomaior, dentro das escolas deportivas 2017-2018, pon en marcha a escola de baloncesto. Está dirixido a nen@s de entre 6 e 12 anos. As clases serán os martes e xoves de 18,30 a 19,30 horas no Pavillón Municipal. Tentarase formar dous grupos cun mínimo de 10 participantes e un máximo de 15 cada día. Esta nova modalidade dentro das escolas deportivas...

 

Escolas Deportivas

Unhas escolas con moito deporte para tod@s