Mércores, 06 Setembro 2017 13:03

Prazo de inscrición do 8 ao 22 de setembro

Escolas Deportivas Municipais 2017-2018

Co obxecto de ofertar un lecer de calidade e contribuír no proceso de educación e integración de todo cidadán a través do deporte o Concello de Soutomaior pon en marcha as Escolas Deportivas 2017-2018.

O inicio será o luns 2 de outubro e o prazo de inscrición é desde o venres 8 ao 22 de setembro.

Os impresos, dípticos e horarios estarán dispoñibles no pavillón municipal a Montesiña, nas descargas en PDF, abaixo, e así como na pagina web www.soutomaior.com.

Iniciación ao Deporte, Multideporte, Baile Moderno, Tenis e Minitenis, Ximnasia Rítmica e Acrobática, Natación, Patinaxe e Pádel son as ofertas para os máis novos.

Pádel e Tenis, Natación Preventiva e Actividade Física para Adultos (AFA) son as propostas para os adultos.

A ocupación ao 100% do pavillón impide ampliar as ofertas deportivas para esta tempada 2017-2018 que finalizará o 2 de xuño do ano próximo.

Todos os participantes contarán con seguro de accidentes deportivos e as distintas actividades son impartidas por monitores  titulados así como polas dúas técnicas deportivas adscritas ao pavillón.

Co lema de gozar do xogo e do deporte por encima de todo espéranse que nestas escolas deportivas inscríbanse máis de 300 participantes.

 


Visto 740 veces

Escolas Deportivas

 

 

 

Descargas: