Mércores, 07 Xuño 2017 14:22

Actividades Deportivas Verán

Mañá xoves día 8 de xuño ata o vindeiro venres 23 está aberto do prazo de inscrición das Actividades Deportivas de Verán 2017 que terán lugar os meses de xullo e agosto.

Actividades infantís:

  • Verán Patinaxe: Mércores de 12,00 a 13,00 h 
  • Pádel: Luns e xoves ou mércores e venres (idade mínima 6 anos)
  • Tenis: Verán Tenis: Luns  e mércores de 10,30 a 12,30 h (dous grupos) Idade mínima: 6 anos
  • Mini Tenis: Luns e mércores de 12,30 a 13,30 h Idade de 4 a 6 anos
  • Ximnasia Rítmica: Luns e venres de 12,00 h a13,00 h Idade mínima: 5 anos
  • Ximnasia Acrobática: Luns e venres de 12,00 h a13,00 h Idade mínima: 5 anos
  • Iniciación ao Trampolín: Luns e venres de 12,00 h a13,00 h Idade mínima: 5 anos
  • Iniciación ao Kick Boxing: Luns e mércores de 11,00 h a12,00 h Idade mínima: 3 anos

Actividades Adultos:

  • Pádel: Luns, mércores, xoves ou venres a partir das 19,00 horas (1 hora semanal) Polas mañás segundo dispoñibilidade horaria.
  • Tenis: Avanzados: Luns de 20,30 h a 22,30 h (2 horas á semana)
  • Iniciación: Mércores de 20,30 h a 21,30 h (1 hora semanal)
  • Defensa Persoal (Iniciación): sábados de 11,30 h a 13,00 h (instalacións Ximnasio Arcade)

As inscricións, información e prezos pódense consultar exclusivamente no Pavillón Municipal A Montesiña.



Escolas Deportivas Municipais
Pavillón Municipal "A Montesiña"

Escola de Baloncesto

26-10-2017 / Escolas Deportivas Municipais

O Concello de Soutomaior, dentro das escolas deportivas 2017-2018, pon en marcha a escola de baloncesto. Está dirixido a nen@s de entre 6 e 12 anos. As clases serán os martes e xoves de 18,30 a 19,30 horas no Pavillón Municipal. Tentarase formar dous grupos cun mínimo de 10 participantes e un máximo de 15 cada día. Esta nova modalidade dentro das escolas deportivas...

 

Escolas Deportivas

Unhas escolas con moito deporte para tod@s