Martes, 16 Xuño 2015 12:35

Patinadoras Campionas Galegas

O Alcalde do Concello de Soutomaior, Agustín Reguera, recibiu en dependencias municipais a unha representación das integrantes do Club de Patinaxe Artística de Soutomaior que hai uns días lograron proclamarse campioas galegas de grupos de 2ª categoría.

Acompañábanos directivas do club e a súa adestradora Ruth Cameselle.

Por parte do Concello entregóuselles un recordo da súa visita e o Alcalde animoulles a seguir traballando para que así o deporte de Soutomaior teña eco en distintas modalidades deportivas.

As patinadoras invitaron o Alcalde ao festival de Patinaxe que se celebrou o pasado sábado e que contou cun total de 12 espectáculos de patinaxe artística entre os que destacan as actuacións individuais de novas promesas locais.

En canto ás actuacións de grupo, ademais da participación dos catro grupos das Escolas Deportivas Municipais, os membros das tres seccións do Club de Patinaxe Artístico de Soutomaiorpresentaron ante o público local a actuación "Anxos caídos", coreografía coa que se impuxeron no pasado campionato galego.

As fotos do festival poden verse en www.soutomaior.com (galería fotográfica)


Visto 2081 veces

Escolas Deportivas

 

 

 

Descargas: